O Instituto Pintor Colmeiro de Silleda decidiu non concorrer ó programa Galiciencia pese a ser seleccionado por un proxecto levado a cabo por alumnado deste centro. O estudo leva por título Estudo da vitamina C en froitas galegas fronte ás foráneas e foi un dos que integran o groso de admitidos para a iniciativa educativa impulsada polo Parque Tecnolóxico de Galicia dentro do seu plan Tecnópole. Coa colaboración da Xunta, neste proxecto participan centros educativos de primaria e secundaria das catro provincias galegas e de outras autonomías. A docente Nuria Rodríguez explicaba onte a esta redacción que finalmente pola imposibilidade de axustar os horarios e ante as ausencias a clases que a participación nesta iniciativa implica decidiron non concorrer. Si ben, o feito de que o proxecto fora seleccionado xa constituiu una grata mención para o instituto silledense.