Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lembranza de Francisco Varela Garrido (II)

Pancho protagoniza unha trepidante actividade política e, á fronte do xulgado, afánase na observancia da legalidade

Cuberta da Constitución republicana de 1931.

Non poden faltar nestes apuntamentos biográficos os ecos de sociedade. Na páxina 11 do xornal El Pueblo Gallego do martes 14 de xaneiro de 1930, na sección, "Información regional", atopamos a reseña do casamento de Francisco Varela Garrido:

"Cerdedo. Una boda.- En esta iglesia parroquial y en el altar de Santa Teresa, santificaron sus amores en la mañana del jueves, la bella señorita Teresita Sanmartín Lois, con nuestro buen amigo el culto joven don Francisco Varela Garrido [...] A causa del luto reciente del novio (por falecemento da súa nai), se celebró la boda en la intimidad. A las muchas enhorabuenas que reciben los recién casados, unimos la nuestra, haciendo votos para que su dicha no tenga fin". A nova tamén se recolle na revista Vida Gallega do 10 de febreiro de 1930, na sección "Los que mueren y los que se casan".

Amais do seu labor cultural, Pancho Varela protagoniza unha trepidante actividade política e, á fronte do xulgado municipal, afánase na observancia da legalidade vixente.

A Constitución da República Española, decretada e sancionada polas Cortes o 9 de decembro de 1931, no seu artigo 3º ("Disposicións xerais") dicía: "El Estado español no tiene religión oficial". O artigo 26, engadía: "El Estado, las regiones, las provincias y los municipios no mantendrán, favorecerán, ni auxiliarán económicamente a las iglesias, asociaciones e instituciones religiosas.

Una ley especial regulará la total extinción, en un plazo máximo de dos años, del presupuesto del clero..." Ás ordes relixiosas prohibíaselles exercer a industria, o comercio ou o ensino. O artigo 27 era tallante: "Todas las confesiones podrán ejercer sus cultos privadamente. Las manifestaciones públicas del culto habrán de ser, en cada caso, autorizadas por el Gobierno".

O 13 de outubro de 1931, en pleno debate constituínte, Manuel Azaña pronunciou a célebre frase: "España ha dejado de ser católica", é dicir, o catolicismo debía deixar de ser o elemento definidor da cultura española; cumpría a radical separación da Igrexa e do Estado. O 28 de xuño de 1932, o Goberno de Azaña aprobaría a Lei do matrimonio civil.

Neste contexto, no vespertino pontevedrés El País ("Diario Republicano de la Tarde") do martes 14 de marzo de 1933 (páx. 4), atopamos unha carta, asinada o 10 de marzo e dirixida ao director da publicación, na que Sabino Bugallo Valiñas e Ramón Conga "Rabelo", á sazón presidente e secretario do Partido Republicano Radical Socialista de Cerdedo, responden a un artigo que, de autor anónimo, aparecera o día 8 na citada cabeceira.

A carta sae en defensa de Francisco Varela Garrido, por aquel entón xuíz municipal. Os autores da misiva salientan a ideoloxía republicana "y no de derechas" do devandito funcionario, posta en dúbida no artigo do día 8, ao tempo que xustifican o seu proceder verbo dunhas detencións practicadas os días 24 de outubro de 1932 e o 26 de xaneiro de 1933, rexeitando que se cualifiquen de "caciquismo monarquizante" estas actuacións. A maiores, engaden:

"El 12 de junio del año último (1932) se verifica una reunión clandestina por elementos monárquicos disfrazados de católicos, acordando sacar al siguiente día 13 (Santo Antonio) una procesión sin contar para ello con permiso de la autoridad, dándole escolta numerosos vecinos armados; el presidente del Partido Republicano Radical Socialista, conocedor de dichos extremos y de que no existen fuerzas de la Guardia Civil, interesa la intervención del juez (Francisco Varela Garrido) y éste procede a la detención de uno de ellos, al cual se le ocupa un revólver sin licencia para su uso, motivo por el que fue procesado. El resto de la escolta se ausentaron, no pudiendo comprobar si tienen o no armas.

El 23 de octubre de 1932 se observa la falta de los dos primeros edictos anunciando otros tantos matrimonios civiles, se recibe declaración a varios vecinos, entre ellos a uno que, si bien niega el hecho, confiesa ser autor de unos rótulos puestos en las paredes y tabla de edictos del Ayuntamiento, diciendo: "Viva el Rey", "Viva Cristo Rey", "Viva don Alfonso de Borbón", "Mueran los enchufistas que explotan la Nación", "Muera la República" y "Toda esta Corporación son unos bandidos", y el juez municipal remite las diligencias al señor juez de primera instancia, el cual dicta auto de procesamiento.

¿Se quiere con más elocuencia la demostración de los hechos y del republicanismo del juez a quien llaman monarquizante?".

Segundo afirma o historiador Dionísio Pereira ("A II República e a represión en Cerdedo", 2006, páx.18): "A crenza popular sinala este episodio como un feito decisivo na pena de morte á que foi condenado Francisco Varela Garrido tras o golpe militar de 1936". É vox pópuli que a súa intervención o día de autos (13-6-32) foi determinante para que os prebostes da dereita cerdedense o incluísen na súa listaxe negra.

No eido da cuestión relixiosa, o propio D. Pereira salienta que, naquela época, outro dos cabalos de batalla foi "eliminar o control que sobre os cemiterios mantiña o clero católico, para garantir que calquera persoa puidese ser enterrada con dignidade dentro dos recintos funerarios, con independencia das súas crenzas e ideario".

O profesor J. L. García Martín escribiu en 2008: "Durante siglos, para los católicos españoles quienes no participaban de sus creencias no eran apenas seres humanos. Por eso no deberían ser enterrados en "sagrado", sino arrojada su carroña a un basurero como si de una alimaña se tratase".

Por reivindicar os dereitos póstumos de ateos e agnósticos, os cenetistas Francisco Arca e mais o seu fillo Roxelio, veciños de Figueiroa, serán detidos en abril de 1935 (ABC, 20-4-35). Asasinado Francisco Arca en agosto do 36, o crego de Figueiroa negarase a darlle sepultura no cemiterio parroquial, sendo soterrado provisionalmente, canda Secundino Bugallo, no cemiterio de Pedre onde aínda se conservan senllas lápidas.

Os socialistas e os radical-socialistas, hexemónicos na corporación municipal de Cerdedo durante o primeiro bienio da República, coaligáronse a nivel estatal con Acción Republicana, o partido de Manuel Azaña, referendando a súas presidencias de Goberno (1931-33). Só no contexto da atávica tirapuxa das esquerdas debemos entender as diatribas vertidas na prensa republicana de Pontevedra contra Francisco Varela Garrido. Como xa se dixo, Pancho Varela, situado na aba máis esquerdosa do PSOE, pasou a integrar os cadros de IR (Izquierda Republicana), tras a derrota colleitada pola esquerda nos comicios de 1933. Cómpre salientar, porén, a boa sintonía que, en Cerdedo, mantiñan os socialistas e os membros do PRRS.

A Izquierda Republicana de Azaña creouse como resultado da fusión de Acción Republicana co PRRSI e a ORGA. Formando parte da Fronte Popular, IR converteríase na terceira forza política (tras o PSOE e a CEDA) nas eleccións xerais de febreiro de 1936.

Conxugando á perfección a súa angueira política e cultural, Pancho Varela volve figurar en 1934 na xestora encargada do acondicionamento das instalacións deportivas do Sangal, un proxecto que se iniciara no ano 1926. No xornal El Pueblo Gallego do mércores 30 de maio de 1934 (páx. 2), lemos: "Con gran entusiasmo se constituyó uno de estos días la Comisión pro-campo de deportes de esta villa. El acto, que se celebró en el salón de sesiones de la Casa Consistorial, estuvo muy concurrido.

Para los diferentes cargos de la misma han sido designados los siguientes señores:

Presidente: D. Carlos González Estévez, secretario del Ayuntamiento; secretario: D. F. Gervasio Bugallo Valiñas, juez municipal; tesorero: D. Francisco Bouzas Varela, industrial; y vocales: don Francisco Varela Buela, maestro nacional; don Ángel Bugallo Camiña y don Manuel Gutiérrez Torres, farmacéuticos; don Francisco Varela Garrido, don David Paz Cachafeiro, don Francisco Gutiérrez Torres y don Luis Rey Bugallo, industriales.

Como encargado general para la realización de los trabajos fue designado don Francisco Varela Garrido.

Dado el entusiasmo de los señores que forman la Comisión, así como su valía y fin plausible, es de esperar sean ayudados por todos los que pongan por encima de sus personalismos y pequeñeces el amor al pueblo y quieran que la juventud nos prepare una raza fuerte y vigorosa, alejada del vicio de la taberna.

Los medios para llevar a fin esta buena idea son el recaudar fondos por medio de una suscripción y solicitar de sus paisanos de América y otras partes el óbolo de su entusiasmo.

Las obras dieron principio días pasados en el sitio conocido por Sangal, en donde hace varios años hicieron obras encaminadas a esto mismo varios jóvenes entusiastas que forman hoy en la comisión".

Continuará?

Compartir el artículo

stats