Irmandinhos, Feiraco e Gómez Segade, galardoados cos premios San Martiño

O Brado recoñece a difusión do galego que fai o club de fútbol gaélico -No caso do catedrático lóubase a súa traxectoria vital

07.11.2015 | 02:24
O equipo de fútbol gaélico lévase o galardón a nivel comarcal polo uso do galego. // Bernabé

A Asociación Cultural O Brado anunciou onte os seleccionados para os Premios San Martiño de Normalización Lingüística do ano 2015, que serán entregados nun acto aberto a todo o público o vindeiro 24 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada. Os premios, concedéronse, en tres modalidades: A Estrada e Comarca de Terra de Montes, Galicia Enteira e Toda unha vida. No primeiro caso o elexido foi o equipo de fútbol gaélico Irmandinhos A Estrada. A nivel autonómico o premio foi outorgado á Cooperativa Feiraco, mentras que o premio á normalización durante toda unha vida foi para o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade.

O padroado dos premios de normalización lingüística estivo formado por Xosé López Vilariño, Juan Manuel Constenla Carbón, Henrique Vázquez Pernas, Lourdes Dono Piso, Iván Sanmartín, Carlos Andújar Mato, Olaia Barreiro y Xurxo Andión.

Irmandinhos

O premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes foi para Irmandinhos, un club que arrancou no 2012 a raíz dunha mensaxe no Facebook. A partir de aí crease a conta Irmandinhos Estrada, co obxectivo de dar a coñecer o fútbol gaélico na vila da Estrada. Tres anos despois, conta cun proxecto consolidado, con dous equipos masculinos e dous femininos que xuntos suman uns 65 xogadores. Participan en campionatos oficiais, non só galegos, senón tamén no resto da Península Ibérica e en Europa. Organizaron ademáis partidos benéficos a prol de Cáritas para a recollida de alimentos, partidos a prol da AECC (Asociación Española contra o Cancro) e torneos Ibéricos e Europeos na Estrada.

No eido deportivo, nestos anos lograron moitos recoñecementos a nivel galego pero tamén o Subcampionato Ibérico e Europeo en categoría feminina e o Subcampionato no Ibérico e terceiros clasificados no Torneo Europeo na categoría masculina. Foi tamén un dos clubes que máis xogadores e xogadoras aporta á Selección Galega, Subcampiona do Mundo no Campionato do Mundo de Abu Dhabi.

Feiraco

Pola súa banda, o premio á normalización no ámbito galego foi outorgado a Cooperativa Feiraco. Os inicios de Feiraco remóntanse a 1968, froito da unión de 400 gandeiros do interior de Galicia. Ao longo da súa historia, máis de 10.000 socios formaron parte da familia Feiraco. Está presidida por José Montes Pérez dende xuño do ano 2012. Anteriormente ocuparon o cargo José Antonio Casáis, gandeiro de Olveira, e Jesús García Calvo, un dos impulsores da cooperativa e presidente de Feiraco durante corenta anos.

Como líderes no sector lácteo galego, en Feiraco participan activamente nas institucións que regulan e definen o sector en Galicia e en España. Ocupan a presidencia do Clúster Alimentario de Galicia, da área do sector lácteo en Cooperativas Agroalimentarias, da Interprofesional Láctea Española e da Asociación Galega de Cooperativas (AGACA). Dende a cooperativa teñen participado ademáis nun gran número de actividades relacionadas coa promoción do galego e da literatura galega, apostando polo idioma de Galicia en todos os seus produtos.

Gómez Segade

O premio á normalización durante toda unha vida foi outorgado a José Antonio Gómez Segade, licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor agregado en San Sebastián (1974), e posteriormente Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia (1976) e dende 1981 en Santiago de Compostela. Ocupou cargos académicos e de responsabilidade en España e no estranxeiro. Recibiu diversos premios e distincións no campo académico e científico, entre os que cabe salientar, o Premio Galicia de Investigación "Montero Ríos".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine