Carballo, fe e galeguismo ata a cadea

A Eira da Xoana homenaxea ao cura e estudoso Francisco Carballo mañá

25.09.2015 | 02:45
Francisco Carballo. // I.O.

"Camiñade contracorrente, navegade contracorrente, hai que crear outro mundo, que é posible, outra sociedade, Galiza ten que liberarse porque está subordinada e escravizada, os galegos están alimentados coa mentira, coa falacia, coa indecencia". Son unhas declaracións feitas por Francisco Carballo no ano 2013 e recollidas en video por MGSGalicia (Movemento Galego ao Socialismo).

Carballo foi crego, historiador, investigador pero por riba e por debaixo de todo, galeguista. Nado en Maceda, na provincia de Ourense, recordaba a súa infancia como "divertida" e a escola como "tenra" na súa autobiografía na Biblioteca Virtual Galega. A el lle renden homenaxe mañá, no centro de educación medioambiental Eira da Xoana; Marcial Barral, un dos seus fundadores e coordinadores, anota a gran importancia que tivo como crego "comprometido co galego e coa terra". Francisco Carballo criado na fe cristiá, sempre se sintiu cómodo coas súas crenzas e en 1941, con 16 anos , decide ingresar como novicio nos Paúles de Madrid. Na capital permaneceu catro anos para posteriormente desprazarse outros tantos a Cuenca, na que seguiu profundizando nos estudos filosóficos-teolóxicos. Posteriormente volta a Madrid onde cursa Historia na Complutense e imparte clases de filosofía. Licénciase en 1954 e a partir de aí comeza o seu doutorado que compaxina sendo director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e do de Barakaldo (1958-1965).

Un contínuo traballar que o leva a Salamanca en 1965 para ocuparse da reitoría do Teologado dos Paúless. Oito anos despois volve a Galicia e afíncase na cidade olívica onde imparte clase na carreira de Maxisterio e no Instituto Politécnico. En Vigo comparte pareceres e leva a cabo diferentes iniciativas cos cregos obreiros. Labores que traspasan os lindes da Igrexa e se plasman na cultura. Ocúpase de fundar xunto a outros compañeiros Promocións Culturais Galegas no 1977, do que tamén foi presidente. Unha entidade que editaría A Nosa Terra, nesa segunda estapa, do 1977 ata entrado o ano 2010, e na que colaboraría coa publicación de varios artigos.

Un tempo no que a renovación democrática se fixo patente e o levou a tomar partido como candidato ao senado nas eleccións de 1979 polo BNPG (Bloque Nacional Popular Galego, que dende a decáda dos 80 se coñece como o BNG). Carballo comprometido coa defensa dos ideais galeguistas, xunto a ANPG (Asamblea Popular Galega) tamén, remataría condenado a seis meses e un día de cárcere e unha multa pola súa colaboración en Historia de Galicia, na que o acusaron de calumniar ao corpo policial. Logo, trala súa xubilización como mestre reside no Morrazo e falece en novembro do ano pasado en Salamanca.

A él, a Francisco Carballo Carballo que mesturou a súa práctica relixiosa co ser galego na súa vida e nas súas obras homenaxean mañá en Eira da Xoana con xantar ás 14.00 e co acto en si, a partir das 17.00. Nel farase entrega do premio Manuel Murguía por parte da Asociación Galega de Historiadores, colocaráselle unha placa conmemorativa e actuarán Mini e Mero, o grupo Santalla de Oleiros e o Bico da Balouta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine