Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Roi Vicente Monteagudo: "Tento transmitir as sensacións que teño cos cabalos cando estou no curro ou no monte"

O aloitador estradense puxo en marcha Sabuko Studio Cerámica, unha unión da Rapa coa escultura

Aos seus 36 anos, o estradense Roi Vicente Monteagudo adícase a traballar nunha consultaría en Madrid pero adoita un papel moi diferente cando se achega ás súas paixóns. Como veciño de Sabucedo foi criado como aloitador, un ADN que tenta agora plasmar na súa arte.

-Como xurdiu a idea de crear Sabuko Studio Cerámica?

-Foi por casualidade, a raíz dun amigo que tiña aquí en Madrid, Jesús Talavera, me convidou a acercarme ao seu taller de cerámica en Carabanchel. Probei e gustoume. Agora xa levo dous anos largos traballando. Dende entón levo aprendendo no Taller Greda distintas técnicas coa mestra ceramista Esther Atienza. A través da miña obra intento transmitir a volta á natureza, e en concreto a representación do cabalo bravo galego como elemento totémico da nosa cultura. Sendo de Sabucedo non podía ser doutra maneira.

-De momento sen embargo é so un hobby.

-Si, claro. Por desgracia ese non é meu traballo. Traballo nunha consultora, algo que non ten nada que ver con isto. É unha forma de pasalo ben cando non hai outra cousa que facer.

Roi Vicente leva toda a vida sendo un aloitador da Rapa de Sabucedo. // Bernabé

-O da escultura e a cerámica xa lle ven de mozo?

-Non, a verdade é que sempre me gustou a arte en xeral. Dende pequeno me gustou debuxar e o tema das manualidades. Sempre tiven inquedanzas nese sentido. O barro sen embargo nunca o tocara ata o de agora. Foi un frechazo. Dinme conta de que modelar gustábame moito.

-Que técnicas son as que utiliza para crear as súas pezas?

-O que fago basicamente é moldeado. O torneado con forno fixen algo, aínda que non é o máis habitual. O material básico son distintas pastas cerámicas, dende o barro roxo a pastas de alta temperatura. Tamén traballo moito en gres. Unha vez feita a peza busco darlle forma aos cabalos con pigmentos ou óxidos. Logo algunhas requiren unha dobre cocción. Despois gústame moito unha técnica que se chama Rakú. É unha técnica de orixe xaponés. Pódese describir como unha técnica cerámica na que as pezas se levan, xa nunha segunda cocción, a un forno pequeno a uns 950º aproximadamente. As pezas sácanse en estado de incandescencia e deposítanse cunhas pinzas metálicas nun recipiente cheo de serrín e palla que empeza a arder formando gran cantidade de fume que penetra na propia peza de barro.Os óxidos cerámicos empregados para dar o color á peza sofren un proceso de redución e convértense en metal dándolle un aspecto moi característico.

-Vese nas súas obras un estilo peculiar á hora de achegarse e plasmar aos cabalos.

-Iso é o que pretendo. Tento plasmar o cabalo pero non nas formas nas que estamos acostumados a velos, cunhas formas perfectas. Tento transmitir a esencia e a expresión do cabalo galego de verdade, por exemplo cando está no curro ou no monte.

-Que proxectos ten entre mans para o futuro?

-Estoulle dando voltas á cabeza coa idea de facer pezas utilizando as crins dos cabalos. Xa que llas cortamos na Rapa trataríase de cerrar o círculo e utilizar as crins nalgo artístico. Que teñan unha utilidade. Utilizaría unha forma de Rakú. Na segunda cocción retiras a peza incandescente e nese momento aplicas o mechón de pelo. Con iso consegues que arda nese momento e que quede a crin dentro da peza. Da uns resultados moi bonitos. Aproveitando que teño bastantes crins e que xa non teñen a utilidade doutros tempos, daríalle outra finalidade.

Roi Vicente é consultor, unha profesión moi diferente a de aloitador // Bernabé

-O feito de ser aloitador, axuda á hora de achegarse a unha escultura deste tipo?

-Eu son aloitador de toda a vida. Desde rapaciño empecei cos poldros e desde os 18 estiven aloitando cos maiores. Estiven sempre non monte, coidando das bestas. Agora menos, porque estou lonxe, pero sempre intento estar en contacto con Sabucedo. As sensacións que teño cos cabalos e no curro é o que despois intento transmitir. Tento plasmar nas pezas as relacións que teñen entre eles e as súas expresións.

-Que é o que lle din os compañeiros?

-Os compañeiros anímanme porque non poden facer outra cousa. Aproveito para regalar algunha peza e tamén vou empezando a vendelas. Como aos compañeiros lles gusta a temática e é algo que non había estanlle dando unha boa aceptación. Se nos as vou vendendo ou regalando creo que xa non me caberían na casa.

Compartir el artículo

stats