Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Andrés Torres: "A nosa política non se empeña como debería na promoción do galego"

Andrés Torres: "A nosa política non se empeña como debería na promoción do galego"

O escritor e teólogo coruñés, Andrés Torres, recibiu a nova do Premio San Martiño con sorpresa. Era a verba que empregou onte para describir a ledicia que sentía ao ser merecedor do galardón na categoría de toda unha vida en galego. "Para min foi unha sorpresa porque non tiña a máis mínima idea. Pero bueno, prescindindo dos meus méritos, todo o que sexa apoiar as persoas que procuran na súa vida dedicarse á normalización da nosa cultura, a apoiar o noso idioma, é positivo para nós", explicou Torres, que confirmou que o vindeiro día 13 estará en A Estrada para recoller orgulloso o recoñecemento. En canto á valoración da situación actual do galego, mostrouse cauto. "Tivemos tempos de maior entusiasmo do que temos hoxe pero en cambio temos mellores instrumentos culturais para o seu cultivo", engadiu, aínda que Torres tamén recoñeceu que non era suficiente. "Eu penso que a nosa política non se empeña como debería na promoción do galego. E ao mesmo tempo tamén lle pasa á Igrexa, que tamén está especialmente allea a pesar de que o Concilio Pastoral de Galicia mandou á Igrexa galega ao cultivo do galego e en vez de obedecer fomos cara atrás", sentenciou o teólogo.

Compartir el artículo

stats