Alteracións ou impactos nos castros dezaos (XIV)

O caso do Castro de Sestelo

Un ensanche do camiño que vai a Vilar en 2012, logo correxido, puxo ao descuberto materiais arqueolóxicos

22.06.2014 | 01:01
O ensanche de 2012 seccionou a muralla do antecastro e descubriu unha banda negra de cinzas.

A finais do mes de setembro do ano 2102, unha escavadora da Deputación de Pontevedra, guiada por un representante veciñal da aldea de Sestelo (Botos), estivo realizando traballos de reensanche nun vello camiño que vai desde a referida localidade ata a aldea de Vilar, na parroquia de Soutolongo. Este camiño discorre, transversalmente, ao longo do Castro de Sestelo, polo que as obras ocasionaron danos de diferente consideración no conxunto castrexo.

O camiño ensanchado mecanicamente desde o lado Norte do Castro de Sestelo ou Castro Deste Lado (Botos), ata as proximidades do Castro de Vilar ou Castro Daquel Lado (Soutolongo), segue o trazado do que se abrira no ano 1917 para transportar os materiais de construción da central eléctrica do Castro, popularmente coñecida como A Fábrica da Luz. Esta central eléctrica, a primeira das construídas na comarca de Deza, proporcionou electricidade á Vila de Lalín ata a década de 1970, época na que Unión Fenosa, segunda propietaria da central, decidiu clausurala ao entrar en funcionamento os grandes encoros dos ríos galegos, caso Belesar e Portodemouros.

Tradicionalmente, ata comezos do século XX, non existía un camiño de comunicación directo entre as aldeas de Sestelo e Vilar, senón que para ir dunha aldea a outra había que atravesar a pé o río Asneiro polos pasos da Costa. Ata incluso se daba a circunstancia de que os veciños de Sestelo, que tiñan terreos ao outro lado do río, é dicir, nos dominios da parroquia de Soutolongo, debían dar un gran rodeo para acceder aos mesmos atravesando, en mollado cos carros, o río Asneiro, polo sitio denominado Porto dos Carros. O camiño que seguían bordeaba o Castro, polo lado Norte e seguía o curso do río ata chegar a unha zona, Porto do Carros, na que a escasa profundidade permitía, en época de augas baixas, pasar ao outro lado. A distancia a percorrer desde Sestelo ata as fincas do Castro Daquel Lado (castro de Vilar), seguindo este camiño, era de aproximadamente 1.400 metros.

A Hidroeléctrica

Isto era o que viñera sucedendo ata 1917 pero, daquela, por causa da construción da Central Hidroeléctrica do Castro, foi levantada unha ponte provisional de madeira sobre o río Asneiro, para que puideran chegar as primeiras turbinas e trazouse un camiño desde Sestelo atravesando o Castro (castro Deste Lado). O camiño adaptouse á forma que presentaba o xacemento castrexo, atravesando, en primeiro lugar, os dous foxos externos e un parapeto, a muralla do antecastro Norte e o propio antecastro, para pasar bordeando o terraplén da croa, coñecida como Aurela, percorrendo polo interior do castro uns 175 metros. Este camiño reducía, respecto do anterior, a distancia a recorrer desde a aldea de Sestelo ata o Castro Daquel Lado (castro de Vilar), un 40%. As comunicacións entre Vilar e Sestelo resultaron, notablemente, melloradas trala a afectación ao referido castro.

O camiño foi aberto sobre o terreo, sen firme, e nas partes con maior pendente sufría os efectos da erosión, pero onde había maiores problemas era na ponte de madeira sobre o río Asneiro, que tivo que ser reparada en varias ocasións, ata que as riadas producidas pola borrasca derivada do furacán Hortensia (1984) a desfixeron definitivamente, ao tempo que rebentaba a tosta da Fábrica, situada curso arriba no río.

En 1987 os veciños de Sestelo, con axuda do Concello de Lalín, procederon ao ensanche deste camiño cunha máquina escavadora, desde as cercanías da aldea ata a ponte da Fábrica (desfeita en 1984), afectando daquela, sobre todo, ao terraplén Oeste da Aurela do Castro, pero o camiño non tivo continuidade na outra parte do río, na parroquia de Soutolongo, porque os veciños de Vilar tan só se comprometeran a ceder terreos para ampliar o camiño a tres metros de ancho e tampouco se construiu a ponte sobre o río Asneiro. O ensanche realizado na parte de Sestelo (Botos) oscilaba entre os catro e cinco metros. Convén aclarar que no ano 1987 aínda non se contaba cun PXOM que recollera os elementos máis importantes do Patrimonio, nin estaba catalogado este importante xacemento arqueolóxico, polo que non houbo miramentos de ningunha clase nin se pensou na repercusión que puidera ter o ensanche do camiño sobre o Castro. O pensamento dalgúns veciños ao respecto era ben claro: "...E logo se o camiño non se leva polo Castro por onde ha de ir, entón. O Castro non é quen para impedir o paso dun camiño".

Ultimamente, a finais de setembro de 2012, procedeuse a un novo ensanche do camiño coa idea de transformalo nunha pista de sete metros de anchura e esta actuación afectou a varias estruturas do Castro, especialmente a un extremo da muralla do antecastro e á base do terraplén da Aurela. O ensanche puxo ao descuberto diversos materiais arqueolóxicos, entre os que cabe destacar: Numerosos anacos de cerámica castrexa, anacos de barro sen cocer con improntas de ramas, restos de barro con sinais de exposición ao lume (posiblemente lareiras), cantos rolados recollidos no río, pedras de construcción de cantería, etc. Na base do terraplén da Aurela apareceron abundantes pedras soltas de tamaño bastante regular que, posiblemente, formaran parte dun muro construído sobre a propia croa. Ese hiptético muro desfíxose co paso do tempo e parte das pedras caeron pola pendente ata o pé do terraplén, mentres que o resto foi aproveitado para construcións realizadas polos veciños hai moitos anos (casas, valados...).

Respecto da muralla que rodeba o antecastro, polo Norte, convén aclarar que no corte causado polo ensanche do camiño, decubriuse a existencia dunha banda negra duns oito centímetros de grosor, soterrada a menos dun metro de profundidade respecto da superficie da muralla (muralla térrea). A banda negra está formada por restos vexetais carbonizados procedentes, probablemente, dun incendio intenso no que ardeu abundante masa vexetal, durante a época castrexa. Os materiais de recheo da muralla situados por debaixo e por encima da banda negra están formados por materiais saprolíticos similares, procedentes de desterres moi cercanos (materiais do contorno). É moi probable que a banda negra de cinzas marque dúas etapas diferentes na construción da muralla do antecastro, que se debeu facer cos materiais sacados da escavación dos foxos. O material colocado por encima da banda negra corresponde a un aumento de altura da muralla, é dicir, un reforzamento das súas defensas. Os veciños de Sestelo non queren saber nada da cultura castrexa e entenden que a banda negra é debida aos restos acumulados dunha casa incendiada a comezos de século XX na aldea. Ao pouco de producirse o incendio, segundo os veciños, os escombros foron levados para os arredores do Castro acumulándoos nun amoreamento e, por iso, apareceron as cinzas ao desfacer o extremo Leste da muralla do antecastro, segundo as súas suposicións.

O ensanche do camiño, causante desta afectación recente ao Castro de Sestelo, catalogado por Patrimonio (GA36024033) e recollido no Catálogo de Bens Protexidos do PXOM de Lalín, foi obxecto dunha intervención inmediata para recuperar o estado que mostraba antes, reducindo o ancho da pista e tapando os taludes feitos na base do terraplén da Aurela e na fronte da muralla do antecastro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

La trabajadora llevaba trece años a cargo de la lavandería del club

"Haremos un buen papel este año"

"Haremos un buen papel este año"

"La clasificación nos colocará donde lo merezcamos, según el nivel de entrenamientos"

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

Venció al Estradense en los penaltis tras empatar 1-1 en los primeros 90 minutos

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

"Vi el nivel que hay en España y sabía que podía estar arriba"

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

| El Club Deportivo Lalín acaba de confirmar la fichaje del entrenador de portero...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Los concellos llaman al consumo responsable de agua y la sequía afecta a traídas particulares

Los concellos llaman al consumo responsable de agua y la sequía afecta a traídas particulares

Una veintena de casas de Vila de Cruces están sin suministro comunal -Agolada multará a los que...

Multas de entre 600 y 30.000 euros

Según la Ley de Tráfico, la administración podrá ordenar el traslado del vehículo a un centro...

Doble bombeo para Silleda y A Bandeira

Silleda es el único municipio de Deza que no está teniendo ningún tipo de...

Arde casi una hectárea de arbolado en Cortegada

Arde casi una hectárea de arbolado en Cortegada

El incendio estuvo activo más de una hora y arrasó con 2 hectáreas cerca de la PO-201

Crespo acusa al Concello de desatender el cuidado de zonas verdes y rotondas

Crespo acusa al Concello de desatender el cuidado de zonas verdes y rotondas

-Atribuye el deficiente de estos espacios públicos "a que no se regaron en todo este año" -Pide...

Enlaces recomendados: Premios Cine