Alteracións ou impactos nos castros dezaos (XIII)

O Castriño de Bendoiro (e III)

A fertilidade arqueolóxica da zona intervida superou as previsións e o xacemento desvelou casos inéditos

15.06.2014 | 01:15

Tódalas dúbidas que se plantexaron, incomprensiblemente, sobre a necesidade de valorar a importancia do Castriño de Bendoiro por medio de sondaxes arqueolóxicas, quedaron aclaradas trala realización de traballos de escavación, practicados por un equipo de varios arqueólogos. Por qué se fixeron sondaxes arquelóxicas nun xacemento que se sabía seguro que era un castro? Para que os responsables dun organismo público chamado ADIF cresen que por onde pasaba a liña do TAV existía un castro, houbo que levar a cabo unha demostración con probas testemuñaís irrefutables (material arqueolóxico, estructuras castrexas soterradas, etc., etc.). Non se podía crer que as evidencias visibles (murallas, terrapléns, foxos...) xa eran unha clara testemuña da súa existencia.

Esta insólita realidade resultou moi sospeitosa para todas aquelas persoas que tiñan certa sensibilidade cultural e así o fixeron constar de múltiples formas. Como exemplo do sentir dalgúns habitantes da Comarca, cabe sinalar a protesta protagonizada polo autor deste artigo ante a asamblea do BNG, responsable da Consellería de Cultura, a comezos do mes de decembro do ano 2006, no Pazo de Congresos de Santiago. Daquela non era o momento de tirar balóns para fóra do campo, como pretendían algúns políticos responsables da xestión, senón o momento de tomar decisións atinadas e consecuentes.

Dubidar da existencia do Castriño no sitio onde lle correspondía estar resultou ser unha ofensa á nosa cultura e a nosa dignidade histórica. O sucedido neste castro foi algo asombroso e incomprensible porque non tiña precedentes na nosa Comarca. A improvisación e adopción de medidas correctoras sobre a marcha, a medida que avanzaban as obras, foi a tónica xeral neste caso.

O equipo encargado da realización das sondaxes, unha vez terminados os traballos, emitiu un informe urxente con conclusións determinates: As obras do TAV afectaban ao Castriño, tanto na súa parte central, a croa, como en diversas estruturas externas. É máis, Castro e Castriño aparentaban estar unidos por estructuras envolventes comúns, polo que todo parecía indicar que estabamos diante dun castro formado por dúas croas, un castro doble. Este aspecto era un descubrimento que ía en contra do parecer de varios investigadores e arqueólogos, que recoñeceran, moito antes, o castro. Desde as aportacións ao coñecemento da cultura castrexa na Comarca de Deza, por parte de Florentino López Cuevillas (ano 1947), todo o mundo pensou que alí había dous castros, Castro e Castriño, separados por un foxo profundo que se interpoñía entre eles. A Consellería de Cultura mantivo esa idea e, por iso, foron catalogados como se foran dous asentamentos distintos (Castro, coa referencia GA36024025 e Castriño con esta outra GA36024024).

Entre o vecindario da parroquia de Bendoiro e as persoas interesadas polo Patrimonio, ninguén dubidaba da existencia dun castro, alí onde se tiña previsto facer a boca dun túnel para a vía do TAV, pero a verdade, a veces, ten que sufrir probas inverosímiles. A Consellería de Cultura comunicoulle ao ADIF o que era máis que evidente e iso traducíase nun problema grave para a evolución da obra ferroviaria: "Hai que adoptar as medidas que sexan precisas para salvar o Castriño". Así que os causantes do problema deben ser quen de resolvelo, aínda que a súa salvación fora, naquel momento, moi díficil.

Decisión salomónica

O primeiro problema real era que non resultaba posible salvar integramente o Castriño se non se desviaba a vía do TAV do trazado, que estaba xa en obras, e calquera outra posibilidade conlevaba a destrución de parte do asentamento castrexo. A solución proposta polo ADIF e aceptada pola Consellería de Cultura consistiu en rebaixar varios metros a rasante da vía frerrea, de tal xeito que, ao seu paso por debaixo do castro, viña a maior profundidade e iso permitía escavar un "túnel en mina", que se reforzaría con formigón para evitar derrumbes. A ese nivel as rochas estaban menos alteradas e tiñan máis consistencia, polo que era máis fácil construir o túnel, ainda que tivera maior lonxitude.

De inmediato, comezou unha segunda campaña de escavacións arqueolóxicas nas zonas Norte e Sur do Castriño, porque ían ser arrasadas pola obra. A superficie intervida arqueoloxicamente superou os 20.500 m2 (dúas hectáreas), pero quedou a salvo a estructura central do asentamento, a croa. O traballos de escavación arqueolóxica, realizados en tempo récord (xuño 2007 a xaneiro 2008), estiveron constantemente presionados pola urxencia da obra e pola empresa adxudicataria deste tramo ferroviario, que considerou a intervención arqueolóxica como un inconveniente imprevisto e, ao parecer de certos responsables, innecesario.

A fertilidade arqueolóxica da zona intervida superou as previsións iniciais (recoñecido polo equipo de arqueólogos), sobre todo polo volume e extensión das estruturas atopadas. O Castriño foi unha zona de expansión do Castro e ambolos dous, en conxunto, formaron un poboado dunha singularidade excepcional. A exhumación de restos mobles foi moi abundante: Miles de restos cerámicos, muiños de man, machadas, alisadores, un colgante de xisto pulido, dúas fíbulas de bronce, un brazalete, unha doa de colar vítrea con núcleo de ouro, unha punta de lanza de ferro, unha moeda Caetra, etc. A todo esto deben engadirse os numerosos restos de pallabarro recuperados nos distintos niveis de colmatación.

Como aspectos novedosos, nalgúns casos inéditos ata este momento, cabe indicar a importancia que tivo o Castriño de Bendoiro. Un exemplo foron os restos dunha construción alongada, de case 100 metros de lonxitude por 8-10 metros de anchura, localizada no lado Sur e dúas posibles tumbas de inhumación. Polo lado Norte do Castriño, destacaban as grandes liñas defensivas, canles de drenaxe, camiño de acceso con ponte sobre un foxo e un posible forno de fundición de metais.

O material atopado no Castriño de Bendoiro, pasados máis de seis anos, aínda está pendente de estudo, pero esta obra abriu un interesante debate acerca da necesidade de previr problemáticas similares en futuras obras públicas. A construción dunha infrestructura pode servir para descubrir restos arqueolóxicos descoñecidos, pero nunca debería descoñecer a existencia dos restos localizados e catalogados, como sucedeu en Bendoiro. Este é un triste caso para esquecer. NUNCA MAIS CASTRIÑOS DE BENDOIRO!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

Arón Lorenzo sube al podio en el Gran Premio Albariño

Arón Lorenzo sube al podio en el Gran Premio Albariño

El Club Ciclista Estradense se desplazó el pasado fin de semana hasta Cambados para...

Lalín presume de campeón de Europa

Lalín presume de campeón de Europa

El ciclista del Extol-La Gramola Team Javi Busto fue recibido ayer en el consistorio

La Sociedad Deportiva Presqueiras dice adiós tras treinta años de historia

La Sociedad Deportiva Presqueiras dice adiós tras treinta años de historia

La directiva anuncia su renuncia a competir al contar únicamente con seis jugadores

Recibimiento en Lalín al campeón de Europa Javi Busto

Recibimiento en Lalín al campeón de Europa Javi Busto

| Amigos, compañeros y familiares de Javi Busto se dieron cita a primera hora de ayer en el...

Manuti seguirá por cuarta temporada consecutiva al frente del A Estrada Futsal

Manuti seguirá por cuarta temporada consecutiva al frente del A Estrada Futsal

Se busca un sustituto para el técnico del segundo equipo, Tosar, baja por trabajo

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

José Manuel Hermida. // Bernabé/Gutier
Dimite el edil lalinense José Manuel Hermida denunciado por un abuso sexual que él niega

Dimite el edil lalinense José Manuel Hermida denunciado por un abuso sexual que él niega

Una trabajadora de su explotación lo acusa de supuestos tocamientos y proposiciones deshonestas...

Soutelo de Montes finaliza sus fiestas y da paso a la del Gaiteiro

Soutelo de Montes finaliza sus fiestas y da paso a la del Gaiteiro

Soutelo de Montes celebra hoy su última jornada de fiestas. Las misas en honor a San Roque serán a...

Tributo ao "presi" Suso Otero

Tributo ao "presi" Suso Otero

O club de petanca bandeirense organiza o domingo un torneo internacional no que homenaxeará a un...

José Raposeiras Correa: "Me enorgullece que mis nietos escuchen música procedente de nuestras raíces"

José Raposeiras Correa: "Me enorgullece que mis nietos escuchen música procedente de nuestras raíces"

"Avelino Cachafeiro fue el hombre que llevó Soutelo de Montes por todo el mundo; identificó su...

Carme Adán: "Procuramos que a Filosofía recupere a súa importancia no sistema educativo"

Carme Adán: "Procuramos que a Filosofía recupere a súa importancia no sistema educativo"

"Para calquera tipo de formación, sexa científica ou humanística, esta disciplina é un valor moi...

Pontevedra es la única provincia donde aumentaron las sanciones en pesca fluvial, con un 26 por ciento

Pontevedra es la única provincia donde aumentaron las sanciones en pesca fluvial, con un 26 por ciento

El importe por los 34 expedientes administrativos resueltos el año pasado superó los 14.500 euros...

Enlaces recomendados: Premios Cine