Irene Fuentes, do CEIP Cabada Vázquez, de A Estrada, representará a coordinadora comarcal dos Equipos de Normalización Lingüística (ENL) de cinco centros educativos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes ante a Coordinadora Galega de ENDL. A media ducia destes equipos acaba de constituir esta coordinadora para, dalgunha maneira, renovar a que xa se puxera en marcha en 2009. Queren, con este impulso, facer máis visible o seu traballo a favor da difusión da lingua galega, polo que porán en marcha un blog no que compartir propostas e experiencias. De momento nesta coordinadora intégranse os ENL do citado colexio estradense, así como do CEIP Xoaquín Loriga (de Lalín), o CEIP da Bandeira e os institutos Pintor Colmeiro (Silleda) e Chano Piñeiro (Forcarei). Mantéñense contactos cos colexios de A Piedade (Vila de Cruces) e Nosa señora das Dores (Forcarei).