ANTONIO PRESAS*

Grazas, Perfecto Navaza

06.04.2014 | 01:56
Grazas, Perfecto Navaza

A repentina e inesperada morte de Perfecto Navaza colleunos a todos por sorpresa e apenas nos deu tempo de reaccionar pero, aínda así, non debemos deixar no esquecemento a importancia que tivo este laborioso e agradable veciño de Lalín.

Cando falamos de Perfecto Navaza, ao instante, relacionámolo coa excelente e tradicional pastelería nesta Vila, que tanta fama tivo e ten, pero detrás de todo iso hai algo máis. Eu non o vou a recordar só por iso, senón, tamén, por ser un importantísimo "elemento oculto" no proceso da investigación xeolóxica desta Comarca desde a década de 1960. Daquela, circunstancialmente, fíxose amigo do doutor Hilgen, xeólogo holandés, a quen acolleu na súa casa en innumerables ocasións.

Esa amizade mantívose ao longo do tempo, ata que no ano 2004 Perfecto Navaza recibiu, no seu domicilio, as cinzas do xeólogo holandés para que as levara á maxestuosa Serra do Candán, un escenario xeolóxico excepcional e inseparable da orixe da Nosa Terra, Galicia e a Comarca de Deza. Alí, no máis alto da Serra, a carón do cumio San Benito (1.015 metros de altitude), nun ventoso día do mes de outubro, o xeneroso "pasteleiro de Lalín" esparexeu as cinzas deste xeólogo, que se convertiría, definitivamente, nun veciño adoptivo desta Comarca.

Uns catro anos máis tarde (ano 2008) tamén chegan as cinzas da súa viúva e son levadas ao mesmo sitio; pero isto non foi todo. Acompañando ás cinzas de Greet (esposa de Hilgen) viña o "legado do xeólogo" formado polo material (libros, microscopios, mapas, fotografías, teses doutorais, memorias, cadernos de campo, utensilios de xeólogo, etc ?) que estivera no seu Departamento, na Facultade de Xeoloxía da Universidade de Leiden, para formar parte do "Patrimonio Cultural de Lalín", hoxe en día, o máis valioso de Europa respecto do estudo da oroxenía hercínica (un vasto pregamento que dou orixe a un sistema montañoso interno de Panxea hai uns 340 millóns de anos).

Se non fora por Perfecto Navaza, ese valioso legado non estaría aquí. Por todo iso, debemos honrar e ter presente na nosa memoria a importancia que tivo este "elemento oculto", quen contribuiu, dentro das súas limitadas posibilidades, ao engrandecemento cultural dun pobo e dunha comarca, o valor máis apreciado de todos.

Aquí está, pois, a transcendencia dos seus actos, sempre favorecidos pola súa respetable familia. Grazas, Perfecto Navaza.

*Xeógrafo de Lalín

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine