Gústame moito este día pois todas as nación e pobos do mundo celebran o libro como soporte de ben e de futuro, medio non único, de lectura. Este ano a mensaxe, difundida por Galix, Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil, imaxinando os países a través das historias, foi realizada pola escritora irlandesa, case irmán de nós, Siobhán Parkinson, premio de Literatura infantil en Irlanda. A mensaxe vai ilustrada pola tamén irlandesa Niamh Sharkey.

Velaí que a súa lectura, e digoo a soño de poder ser, a da mensaxe para o mundo, debese soar á mesma hora en todos os centros educativos do noso Concello como proba sólida e plena do noso amor polos libros e así os afectos pola lectura.Non hai dúbida de que así sería unha excelente mediadión para poñerlle acariños aos libros e tamén un tilde de cualidade á lectura como exercício libre do pensamento. Non olvidemos que ao ler, lémonos e xa que logo o soporte onde leamos ha ser cualitativo para gusto e sabor e por iso é necesario probar, probar?para mesmo sermos outras e outros un pouquiño mellores orientados á felicidade de sermos estando.

Poñámonos niso e valoremos os nosos libros como medios de coincidir cos demáis pobos e nacións, pois toda lectura e toda historia conleva comuñón de quen as leen e sempre na activa liberdade, pois desde a diferencia do ler, do sentir, xorde a integración da valoración plural do que lemos.

Felicidades a todas as lectoras e a todos os lectores do noso concello. Fagamos teimosamente universo e mundo da man dos libros, das Culturas e das Linguas.

* Escritor da Estrada e animador á lectura.