Rescatados das sombras (VII)

José María Vázquez, agrarista e galeguista

Participou na campaña anticaciquil de Silleda e foi o presidente da Irmandade Galeguista de Noia na República

26.05.2013 | 00:00
Vázquez (esquerda) con Rodrigo Romaní en Noia nos anos 30.
Vázquez (esquerda) con Rodrigo Romaní en Noia nos anos 30.

No desenvolvemento das loitas agrarias de principios dos anos vinte en Silleda, que constituíron un dos máis potentes fitos da mobilización social na Comarca do Deza, encontramos a algúns membros das elites dominantes que se puxeron do lado dos labregos, combateron a inmoralidade e contribuíron a denunciar as aldraxes do caciquismo. Traemos aquí a figura de José María Vázquez, un dos propagandistas e animadores deste movemento, que coas súas intervencións públicas e os seus artigos xornalísticos, foi un dos protagonistas dese movemento.

José María Vázquez Ulloa naceu na Estrada xusto ao inicio do século. Era fillo do avogado silledense Cesáreo Vázquez Martínez, que casara o ano anterior en Orazo con Consuelo Ulloa Villar, filla de Faustino Ulloa Estévez, o cacique liberal que controlou o concello da Estrada para o Marqués de Riestra, pero caido en desgraza no seo do riestrismo. Consuelo era neta de Juan Ramón Ulloa Pimentel, que fora alcalde de Lalín en 1866.

Cesáreo Vázquez Martínez, fillo do que fora notario de Trasdeza José María Vázquez Gulías, desempeñou os cargos de fiscal e xuíz municipal en Silleda, e foi deputado provincial a principios do século XX, ata que en 1916 se trasladou a Santiago de Compostela como recadador de contribucións do concello. Cesáreo estaba emparentado por liña materna coa familia Martínez, que viñera controlando o poder político en Silleda durante a segunda metade do século XIX.

Primeiras aparicións

José María estudou o bacharelato en Compostela e alí fixo a carreira de dereito. Ao rematar a licenciatura e imbuído de ideas republicano-socialistas, integrouse con vintedous anos na loita agraria como eficaz propagandista pola súa fogosidade e elocuencia. A súa primeira aparición pública foi no mitin organizado en Silleda o 26 de marzo de 1922, no que tomou a palabra xunto ao catedrático de Veterinaria Jesús Culebras, José Campos da agraria de Forcarei e o líder obreiro e concelleiro compostelán José Pasín Romero. O comicio serviu para denunciar a fraude electoral das municipais de febreiro que anulou o trunfo dos agrarios. Días despois volve intervir na festa da árbore organizada pola Sociedade de Graba, co presidente da agraria do Pereiro, Indalecio López, José Manuel Puente e Emilio Alonso Paz. Foi, en realidade, outro mitin máis no que Vázquez anima aos de Graba a persistir na loita contra o caciquismo ao mesmo tempo que eloxia o comportamento das sociedades de emigrados polo seu apoio á campaña dos silledenses.

Será este un tema recorrente nos seus artigos para o xornal estradense El Emigrado, nos que vai dando conta das reivindicacións dos agrarios e denuncia os abusos que o omnímodo poder caciquil e as corruptas institucións cometen constantemente cos indefensos labregos. Sirva de mostra o titulado "En apretado haz", dedicado "a los hermanos residentes en la Argentina y Cuba que con tanto amor nos ayudan en la lucha contra el caciquismo de Silleda". Tamén escribe Vázquez no periódico pontevedrés El Progreso, para demandar a intervención dos poderes da capital da provincia ante o despotismo e as irregularidades na administración do concello.

Topamos de novo a José María no mitin da Agraria do Pereiro (Laro) o 28 de xuño con Jesús Filloy, no que o noso protagonista clama contra a guerra de Marrocos pola sangría de homes e recursos que supón para o país, mentres se carece de escolas, estradas ou ferrocarrís. Tamén intervén na campaña para a elección a deputado de Alfredo Pérez Viondi, candidato dos agrarios fronte a Vicente Riestra. No mitin da Bandeira, que ten lugar en setembro, incita aos presentes a perderlle o medo ao cacique e ás súas vinganzas, pois realmente carece xa de armas coas que amedrentalos. Vázquez tamén toma a palabra na Festa da Árbore da parroquia estradense de Guimarei xunto con representantes das agrarias silledenses.

Así se dirixía publicamente ao cacique nun artigo de 1922: "Nada nos amilana; llevamos un ideal y no cejaremos hasta verlo satisfecho. Queremos implantar la justicia en donde ni sus huellas se notan. Anhelamos redimir un penoso cautiverio y eso lo haremos con el pueblo. Con él, con los hermanos a quien tu azotaste, somos fuertes, más pujantes que vosotros. Esas lágrimas de queja que derrama se trocarán súbitamente en lágrimas de venganza y odio. Entonces finirá el malestar y producirán las tierras, y se remunerará el trabajo y saciaremos el hambre y la sed que tenemos de justicia."

A derrota de Pérez Viondi nas eleccións a Cortes de 1923 e, uns meses despois, a ditadura de Primo de Rivera liquidan o movemento agrario silledense. José María Vazquez inicia unha carreira como funcionario da administración local que o afastará definitivamente das terras dezás. Aproba as oposicións a secretario de concellos en 1924 e ao ano seguinte encárgase por un breve período da secretaría de Caldas de Reis para pasar despois a desempeñar a praza en Ponte Caldelas. Finalmente en 1929 accede ao posto de secretario do concello de Noia.

En Noia vai establecer amizade co catedrático do Instituto Álvaro das Casas que tamén se acaba de instalar na vila e participa con el en 1930 na creación da Irmandade Galeguista que no seu manifesto fundacional asevera que se está a "entrever unha Galiza nova, que ven fortalecida de recordos e cobizosa de espranzas" engadindo os seus asinantes que traballarán "sin acougos" para "ollar a nosa bandeira azul e branca latendo en todol-os ventos, dend-a vila a freiguesía mais lonxana". José María converterase en novembro no seu primeiro presidente. Colabora con Álvaro das Casas na organización xuvenil galeguista Ultreya. Integrado plenamente na reivindicación da Autonomía, asistiu como representante do concello de Noia, xunto ao alcalde Germán Vidal, á Asemblea para o debate do Estatuto de Galicia celebrada en Compostela en decembro de 1932.

Durante o franquismo José María Vázquez estivo implicado en actividades mineiras, como a exportación de volframio procedente das minas de Lousame en 1942 e unha prospección para encontrar ouro e estaño nos montes de Boiro e A Pobra do Caramiñal en 1950 xunto co seu irmán Cesáreo, que non deu os resultados agardados. Nos anos cincuenta e sesenta ocupou o posto de secretario do concello de Outes. Morreu en Noia en 1987.

Deportes Deza

Pincho, ayer, en el Lalín Arena. // Bernabé/Luismy
"Haremos un buen papel este año"

"Haremos un buen papel este año"

"La clasificación nos colocará donde lo merezcamos, según el nivel de entrenamientos"

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

Venció al Estradense en los penaltis tras empatar 1-1 en los primeros 90 minutos

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

"Vi el nivel que hay en España y sabía que podía estar arriba"

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

| El Club Deportivo Lalín acaba de confirmar la fichaje del entrenador de portero...

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

| El Concello, en colaboración con la S.D. Agolada, que finalizó ayer el campus de...

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

El estradense analiza su actuación en la Volta a Portugal, en la que finalizó quinto

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Los Pernas dan el Do de pecho

Los Pernas dan el Do de pecho

Un total de 110 personas participan en su 43ª primada, ambientada en Eurovisión

Consecuencias de una primavera demasiado seca

La empresa que gestiona el servicio reconoce que anormalidad de la situación de este...

Piscinas, ríos y terrazas para sofocar una jornada con más de 30 grados

Piscinas, ríos y terrazas para sofocar una jornada con más de 30 grados

| Los vecinos de las comarcas buscaron en los ríos, piscinas (en la imagen la playa fluvial...

800 ejemplos de sabiduría

800 ejemplos de sabiduría

La Romaría das Persoas Maiores e Emigrantes, celebrada en O Corpiño, cumplió ayer 15 ediciones -...

Actuación de la Banda de Vilatuxe en la calle D

Actuación de la Banda de Vilatuxe en la calle D

| La Banda de Vilatuxe celebró ayer un concierto en la calle D de Lalín. La...

Enlaces recomendados: Premios Cine