Como cada ano por estas datas, A Estrada puxo o mono de traballo para celebrar como se merece o Día das Letras Galegas. Dende o goberno municipal ata diferentes asociacións apostaron por celebrar actos cos que recoñecer o traballo dos escritores galegos e, nesta ocasión en especial, do un escritor e actor de teatro compostelán Roberto Vidal Bolaño.

Os xardíns municipais foron unha vez máis escenario dun dos actos principais desta celebración, ao ser o lugar elexido para a ofrenda floral organizada polo Concello da Estrada. Nesta ocasión, o acto contou coa participación do actor e escritor Cándido Pazó, e do director de teatro e técnico de Cultura da Estrada, Xosé Lueiro. Todo arrancou coa ofrenda diante do monolito adicado aos irmáns Valladares. Desde alí se trasladaron aos soportais do consistorio, onde realizaron os dicursos.

Na súa emotiva intervención, Pazó puxo o nariz de pallaso, parte dun kit de Vidal Bolaño no que tamén se incluía o seu característico sombreiro, mercado por só dez euros. O artista destacou a importancia de honrar a figura de xente como Vidal Bolaño, a quen el recorda con só dez anos como alguén importante dentro da cultura galega, ou os irmáns Valladares. "Temos que recordar aquelo que nos ilumina", explicou.

Pazó tamén remarcou a importancia do teatro, que definiu como "o arte do próximo e do cercano". Esta cualidade era para el a principal característica do traballo de Vidal Bolaño, sempre con temas de actualidade. Pola súa obra, Pazó non dubidou en calificar ao artista recoñecido nesta edición das letras galegas como "un clásico da literatura galega" e alabou o feito de que se comece a incluir la lista de personaxes recordados a autores de épocas máis próximas.

Pola súa parte, o alcalde da Estrada, Xosé López Campos, recordou aos escritores que dou A Estrada ao longo da súa historia e definiu o concello pola súa "gran actividade literaria ligada a un san e puro galeguismo". O alcalde destacou tamén a figura de Vidal Bolaño e apuntou que o teatro é "o facho que alumea o quenta a nosa fala".

Por outro lado, onte tivo lugara oitava edición da Ruta das Letras, organizada pola asociación A Fervenza de Ouzande. Todas as persoas participantes foron agasalladas cun libro en galego, cortesía da asociación con motivo da celebración do días das Letras Galegas. O percorrido levou aos atrevidos por 16 kilómetros que atravesaron zonas de A Somoza e Monte Cabalar, cunhas bonitas vistas panorámicas. Máis de vinte persoas participaron na actividade.

Dentro da programación polo Día das Letras Galegas incluiuse tamén a actuación de Mofa e Befa o pasado mércores no Teatro Principal. A compañía presentou o seu humor inconfundible coa obra Románticos. A función está dirixida por Quico Cadaval e contá cos actores Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz.

Por último, a aula de teatro da asociación Coto Manguelo de Orazo levou a cabo en Guimarei a posta en escena de tres obras. Os máis pequenos representaron a obra Puchiño vermello. Pola súa parte, o grupo de nivel intermedio mostrou a obra Os faladores. Por último, o grupo no que se integran os alumnos de máis experiencia representou Cousas da vida.