O salón de actos do colexio Golmar de Lalín leva o nome de Paco Lareo

O centro adica este espazo ao falecido artista de Piloño - Escolares reproducen un cadro do pintor, e cédeno á súa fundación

17.05.2013 | 09:27
O salón de actos do colexio Golmar de Lalín leva o nome de Paco Lareo
O salón de actos do colexio Golmar de Lalín leva o nome de Paco Lareo

O colexio Xesús Golmar de Lalín organizou onte un emotivo acto para bautizar o seu salón de actos co nome do falecido artista cruceño Paco Lareo. A súa irmá Carme foi convidada a descubrir a placa conmemorativa do creador de Piloño no que é a primeira homenaxe destas características que lle rende a comunidade educativa dun concello ao que Lareo estaba moi vencellado.

A sesión comezou coa proxección dun vídeo sobre a figura do impulsor da fundación A Solaina de Piloño e no que alumnos e público tamén visualizaron imaxes dos traballos que se promoveron nos últimos anos no espazo cultural de Piloño. En días pasados o colexio xa preparara parte do recinto educativo con obras de Paco cedidas pola fundación que agora coordena a súa irmá Carme, que tamén traballou arreo pola entidade durante moitos anos e agora trata de preservar o legado do aprezado artista cruceño.

O Golmar converteuse estes días nunha pequena "Solaina" para que os cativos tiveran a oportunidade de coñecer de preto o traballo de Lareo, tanto como artista, e tamén como valedor e sostén dos múltiples eventos que ao abeiro da institución de Piloño se foron desenvolvendo durante moitos anos. Como curiosidade, cada clase do centro elaborou unha flor que logo se colocou nun cadro; unha especie de réplica da obra de Paco "O gaiteiro de Piloño". Esta peza creada polos estudantes do Golmar foi entregada a Carme Lareo para que pase a formar parte dos fondos artísticos da fundación A Solaina, á que o homenaxeado adicou grande parte da súa existencia.

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine