Queremos Galego chama a mobilizarse mañá en Santiago en defensa da lingua

A plataforma dezá participará na manifestación do Día das Letras Galegas

16.05.2013 | 07:37
Membros de Queremos Galego ante un mural de Rosalía en Silleda.
Membros de Queremos Galego ante un mural de Rosalía en Silleda.

A plataforma Queremos Galego Deza chama á mobilización mañá en Santiago de Compostela co gallo do Día das Letras Galegas. O colectivo súmase á manifestación que sairá da Alameda ao mediodía en defensa da lingua galega.

Membros dos colectivos Coto do Castelo (Graba), Adellís, A Mesa pola Normalización Lingüística e mailo sindicato CIG -todos integrantes de Queremos Galego Deza, xunto con outras sete asociacións da comarca- presentaron a movilización diante do mural conmemorativo do aniversario de Rosalía de Castro na rúa Santa Olaia de Silleda. Tamén estivo presente o director do CEIP da Bandeira. Foi unha reivindicación da autora de Padrón, no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, punto de inflexión para a literatura e a cultura en xeral de Galicia e unha chamada de atención ás institucións públicas.

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine