O colexio María Inmaculada de Silleda está de celebración por partida dobre. Onte adiantou o seu festival con motivo do Día das Letras Galegas, e fíxoo presentando o seu novo grupo de baile tradicional, Airiños de Trasdeza. A formación, que levaba 21 anos desaparecida, está capitaneada polo mestre do centro Manuel Vidueiros, e integrada por 14 bailaríns e una trintena de gaiteiros e percusionistas.

Fundado en 1968, "foi o primero grupo de baile que houbo en todo o concello", segundo Vidueiros. A marcha, en 1992, da mestra de baile, Teresa Pérez Tilve, supuxo a súa desaparición, aínda que o centro seguíu impartindo clases de gaita e percusión. Dende 1997 encárgase delas Vidueiros, quen tamén foi integrante da formación que chegou contar ata medio cento de membros.

O interese que a música folk desperta animou ao mestre a recuperar o grupo este ano. En setembro retomarán as clases, e o obxetivo para o próximo curso é mercar os traxes, organizar saídas e "tratar de crear unha asociación cultural, e abrila a todo aquel que queira participar", explica Vidueiros.

Próximas citas

As actividades con motivo do Día das Letras Galegas sucédense nos diferentes municipios. A Asociación Cultural Vista Alegre de A Bandeira acolle hoxe, ás 20.30 horas, a representación teatral Entre nós, mulleres, de balde. A biblioteca municipal de Vila de Cruces abre hoxe unha mostra sobre Roberto Vidal Bolaño e acolle a entrega de premios do concurso Marcapáxinas. Mentras, o centro Cerdeiriñas, de Piloño, pospón a representación de teatro prevista para hoxe ata o próximo xoves. En Lalín, este mediodía (12.30 horas), haberá una ofrenda a Rosalía de Castro diante do seu monolito no Parque de Loriga.