No colexio de Piloño, os seus alumnos continuarán hoxe coas actividades do Día das Letras. O centro tén unha exposición de carteis sobre Vidal Bolaño na entrada do colexio, ademais de dous libros accesibles para todos. Ás 12.15 horas toda a comunidades educativa fará unha foto diante do mural Ponte en marcha e le! Despois, na aula de audiovisuais proxectarase o telexornal sobre o dramaturgo compostelán. Vila de Cruces, ademais, pecha mañá o prado de entrega de marcapáxinas.

En Silleda, os alumnos de quinto e sexto do colexio de A Bandeira participan esta mañá, ás 11.00 horas, na iniciativa As seis caras das letras, que terá lugar na biblioteca Daniel Castelao. Divididos en grupos, os estudantes terán que dar resposta a preguntas sobre a obra de Vidal Bolaño, ou a historia do 17 de maio, entre outras cuestións.