A mina de Fontao (IV)

O capital francés

A 'Societé des Étains de Silleda' controla a explotación desde 1927 ata a chegada da familia Cort en 1940

10.03.2013 | 00:00

En outubro de 1927 a empresa francesa Société des Étains de Silleda asume o control da mina de Fontao. Os intentos de que un grupo empresarial galego recuperase os dereitos mineiros da zona non chegan a bo fin, tal e como era o desexo das autoridades mineiras e do propio capital galego. A nova empresa, con sede social en París, constituírase en xuño de 1927 cun capital de catro millóns de francos, dividido en 40.000 accións de 100 francos cada unha. O seu obxectivo fora adquirir aos británicos as concesións e instalacións mineiras de estaño e volframio de Fontao e Silleda para continuar a súa explotación.

A compañía fixara a súa atención en Fontao debido a que as súas instalacións estaban en bo estado de conservación e a cercanía ao río Deza permitía obter enerxía eléctrica in situ practicamente gratis mediante turbinas hidráulicas. Ademais, a existencia da planta de Carril para a separación dos concentrados finais, ainda seguindo en mans inglesas, facía moi viable o investimento na mina.

O enxeñeiro colocado á fronte das minas foi Jean Marechet, que permaneceu no seu posto ata pouco tempo despois do paso da Société des Étains de Silleda a mans españolas. A primeira tarefa foi realizar traballos preparatorios, xa que a mina se encontraba parada dende había algún tempo. Instalou un compresor de aire de 50 cabalos de potencia, capaz de alimentar os martelos perforadores pneumáticos. En 1928, ao cabo duns meses, obtívose a primeira produción. O lavadoiro púidose volver a poñer en funcionamento a finais de 1928, cunha capacidade de tratamento de 50 toneladas de mineral cada 9 horas e unha man de obra que ascendía a 81 mineiros, todos homes.

En 1929 a empresa adoptou un programa de traballo de maior envergadura encamiñado a lograr unha produción mensual de 30 toneladas de preconcentrados na planta de Fontao tratando 100 toneladas de mineral bruto o día. Esta produción sería procesada posteriormente en Carril obtendo mediante separación magnética dous concentrados, un de estaño e outro de volframio. Este plan requiría un forte investimento, co que a compañía eleva a súa capital social ata os 15 millóns de francos.

Entre as obras de mellora das instalacións, programouse a construción dun novo azud de 20 metros de altura no río Deza dotado de dous xeradores capaces de proporcionar en conxunto 600 cabalos de potencia. Ao mesmo tempo, planificouse o incremento e mellora dos equipamentos do lavadoiro e a substitución do compresor pneumático de 50 cabalos por outro de 200. Para abaratar o investimento na planta de tratamento realizouse a construción de determinadas estruturas e equipamento nos propios talleres da mina.

A maquinaria adquirida pola Société des Étains de Silleda en Nova Iorque e París para a mina e o concentrador eran do tipo máis moderno e con rendementos contrastados en diversas minas estranxeiras. A adquisición destes equipos e a exportación do concentrado obrigou á empresa a manter relacións comerciais con diferentes firmas navais, como Sota e Aznar, e distintos portos europeos e americanos.

O incremento dos traballos na mina e no lavadoiro aparellou un notable aumento do persoal, pasando a ser de 204 persoas. Asimesmo, o valor da produción multiplicouse case por 5.

A crise mundial de 1929 afectou de forma seria á empresa, véndose forzada a reducir os seus investimentos. Aínda así, a produción continuou ata setembro de 1931, momento no que se paraliza a actividade ata 1933, limitándose os traballos a tarefas de mantemento e mellora das instalacións.

En xullo de 1934 a empresa arrenda a explotación das minas de Fontao á Société Financiere et Industrielle de France durante cinco anos. Esta situación supuxo a reapertura das minas.

Ao comezo da guerra civil, a confusión creada polos partidarios das forzas en litixio provocou un baleiro de poder durante o cal a Société des Étains de Silleda retomou o control da empresa coa colaboración do director da mina, Jean Marechet. Nestes anos de turbulencia socioeconómica ocasionada pola guerra que estaba a ter lugar en España, aconteceu o cambio de titularidade da Societé des Étains de Silleda, propiciado polas novas medidas lexislativas levadas a cabo na zona ocupada polo xeneral Franco.

A Lei do 7 de xuño de 1938, segundo a cal se reservou para os españois e para as empresas constituídas en España, o dereito a recibir concesións mineiras, obrigou a que, polo menos, fose de nacionalidade española o 60% do capital das sociedades mineiras, o mesmo que o presidente, os dous terzos do consello de administración e os administradores, xerentes e o enxeñeiro director da explotación.

Neste contexto fixo presenza en Fontao a familia Cort. A cabeza do grupo era Fernando Cort Botí, enxeñeiro de minas, que traballaba no Catastro e no Departamento de Facenda de Pontevedra. Parece ser que, como consecuencia destes cargos na administración, Cort fixo amizade con J. Marechet, que chegou a contratalo en 1937 para o cargo de enxeñeiro xerente do grupo mineiro. Como consecuencia do disposto pola Lei do 7 de xuño de 1938, F. Cort e J. Marechet intercambiaronse os seus postos na empresa en 1938, ocupando o primeiro o cargo de enxeñeiro director das minas de Fontao.

En 1940, o control accionarial da Société des Étains de Silleda pasou a mans de César Cort Botí, irmán de Fernando.

Deportes Deza

Pincho, ayer, en el Lalín Arena. // Bernabé/Luismy
"Haremos un buen papel este año"

"Haremos un buen papel este año"

"La clasificación nos colocará donde lo merezcamos, según el nivel de entrenamientos"

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

Venció al Estradense en los penaltis tras empatar 1-1 en los primeros 90 minutos

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

"Vi el nivel que hay en España y sabía que podía estar arriba"

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

| El Club Deportivo Lalín acaba de confirmar la fichaje del entrenador de portero...

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

| El Concello, en colaboración con la S.D. Agolada, que finalizó ayer el campus de...

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

El estradense analiza su actuación en la Volta a Portugal, en la que finalizó quinto

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Los Pernas dan el Do de pecho

Los Pernas dan el Do de pecho

Un total de 110 personas participan en su 43ª primada, ambientada en Eurovisión

Consecuencias de una primavera demasiado seca

La empresa que gestiona el servicio reconoce que anormalidad de la situación de este...

Piscinas, ríos y terrazas para sofocar una jornada con más de 30 grados

Piscinas, ríos y terrazas para sofocar una jornada con más de 30 grados

| Los vecinos de las comarcas buscaron en los ríos, piscinas (en la imagen la playa fluvial...

800 ejemplos de sabiduría

800 ejemplos de sabiduría

La Romaría das Persoas Maiores e Emigrantes, celebrada en O Corpiño, cumplió ayer 15 ediciones -...

Actuación de la Banda de Vilatuxe en la calle D

Actuación de la Banda de Vilatuxe en la calle D

| La Banda de Vilatuxe celebró ayer un concierto en la calle D de Lalín. La...

Enlaces recomendados: Premios Cine