Os logros alcanzados nos últimos anos de cara á consecución da igualdade real entre mulleres e homes son patentes e visibles, pero non é menos certo que non temos acadado a plena igualdade entre mulleres e homes. A igualdade é un valor social, un dereito que beneficia a toda a sociedade, e para lograla é preciso o traballo conxunto e continuado das mulleres, dos homes, da sociedade civil, dos partidos políticos, dos poderes públicos. É un obxectivo que necesariamente debe trascender de plantexamentos ideolóxicos, de circunstancias sociais e económicas e tamén por suposto do marco temporal do mes de marzo.

As administracións públicas teñen a obriga de promover a igualdade de xénero e de contribuír a que toda a cidadanía se conciencie sobre a necesidade de que aínda fan falta máis cambios para que mulleres e homes participen na sociedade en condicións de plena igualdade. Por elo, hoxe máis que nunca, a pesar das dificultades, resulta necesario seguir traballando, primeiro para manter as conquistas adquiridas e segundo para impulsar políticas que contribúan a facer efectiva esa igualdade real e plena, a través de actuacións que incidan na igualdade no emprego, na desaparición da brecha salarial aínda persistente, no dereito á conciliación da vida familiar, laboral e persoal, nunha maior participación sociopolítica das mulleres, na loita contra a lacra da violencia de xénero... Neste ámbito non nos podemos permitir nin o máais mínimo retroceso nos logros acadados porque elo suporía a reactivación dos roles sexistas de home/proveedor e muller/coidadora.

A igualdade de oportunidades é, ademais dunha obriga por lei, un elemento de desenvolvemento económico que garantiza a cohesión social e a eficiencia económica, posto que o aproveitamento de todas as capacidades proporciona resultados positivos para toda a sociedade. Soamente poderemos avanzar nunha sociedade eficiente desde un modelo que recoñeza todas as capacidades, que aproveite o coñecemento e os recursos de todas as mulleres e homes. Os dereitos individuais son a mellor estrutura institucional para unha sociedade libre e forte, capaz de afrontar desde a capacidade e a responsabilidade compartida os retos do futuro.

Por todo anterior, o Concello de Lalín comprométese a: Seguir impulsando a presenza das mulleres en todos os ámbitos da vida social do concello. Reforzar a colaboración activa coas organizacións de mulleres da zona rural e urbana. Estimular xunto cos axentes sociais do concello e en colaboración con outras institucións públicas un mercado laboral máis inclusivo.