El Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira organiza o luns 11 de febreiro, ás 17:00 horas, un entroido infantil para todos os rapaces do lugar. A festa especial contará con animación, xogos e, ademáis, unha Superpiñata XXL a cargo da asociación Xanela. Ó remate da festa haberá merenda para todos os que participen no entroido dos nenos. Os organizadores da actividade esperan xuntar un importante número de rapaces na sede do centro cultural.