A compañía teatral e marionetas do "PP Silledense" leva facendo política durante 20 anos como hobbie e, ao mesmo tempo, teatro profesional, que a través diso xeraron moitos postos de traballo, e está en pleno apoxeo porque son tres actores, a parte dos foráneos, os que dirixen a obra, Juan Salgueiro, José Fernández Viéitez e José Antonio Pena Fernández.

Señores lectores, que opinan? Tres galos no mesmo galiñeiro, é imposible que poida haber consenso e paz, supostamente Juan Salgueiro representa ao señor Rajoy en Madrid, e o señor Roucho representa ao señor Louzán, presidente da Deputación, e o señor Toxa representa ao Alcalde de Lalín. En conclusión, chámase un "PP" silledense en anacos.

De dita obra teatral xa teño pensado escribir un libro, para que pase á historia, supoño que terá moita venda as andadas deste trío de actores.

Eu penso que nolo están poñendo moi ben aos independentes e Progresistas por Silleda (PPS) porque a xente xa está pensando en nós, un partido serio, que é o que Silleda se merece, e tamén se verán beneficiadas o resto das forzas políticas que se presenten.

Quen son os comediantes actores, sabemos ben o que fixeron porque estiveron desgobernando o noso concello durante moitos anos, e repito señores votantes, "teñan ollo ao can".