JOSÉ BENITO VENCE DEZA - Alcalde de Rodeiro

"A Xunta tén que financiarnos servizos como a depuradora ou o plan parcial"

O rexedor cumpre un ano "duro e de traballo" á fronte do tripartito

 07:46  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
José Vence naceu no lugar de Carballo, na parroquia de Rodeiro, hai 56 anos e leva 23 na política local. Outra das súas paixóns é o agro, pois presidiu durante máis de dúas décadas a cooperativa O Rodo.
José Vence naceu no lugar de Carballo, na parroquia de Rodeiro, hai 56 anos e leva 23 na política local. Outra das súas paixóns é o agro, pois presidiu durante máis de dúas décadas a cooperativa O Rodo. 

SALOMÉ SOUTELO - RODEIRO O 4 de xullo de 2009, o candidato socialista á Alcaldía, José Vence, ascendía ao cargo grazas ao apoio dos edís socialistas, así como ao do nacionalista Manuel Hermida e os daquela dous edís de Independentes, Manuel García Deza e Manuel Salgado, o anterior alcalde. Un ano despois e en pleno recorte de gastos, Vence define estes 12 meses como “un ano moi duro no que fixemos moito traballo e temos diversos proxectos en marcha”.

–Neste primeiro ano de mandato, cales foron as iniciativas que desenvolveu o tripartito?


–Centrámonos sobre todo na pavimentación de pistas, da que se verá o resultado en breve, e na rehabilitación das casas escola para o seu uso como locais sociais nos que, ademais, tamén se poida dispoñer de internet a partir deste ano. Así, xa se está remodelando a casa escola de Arnego, mentres que acaban de adxudicarse as de A Latiza e Santa Baia e se comezarán os trámites para a licitación da de Pedroso. Temos que pensar que hai anos as cantinas das aldeas funcionaban como locais sociais, pero agora xa non existen, e de aí que queiramos aproveitar estas infraestruturas.

–Fala vostede de internet, e lémbrolle que se comprometeu co PP a dotar deste servizo ao concello antes do ano que vén. Como van os trámites?

–Estamos integrados no plan Wimax Rural de Pontevedra, co que se colocará un poste en Suíme. Pero isto non impide que esteamos abertos a ofertas doutras empresas para garantir a total cobertura de internet no territorio municipal.

–Outro dos proxectos pendentes e que espertan máis críticas dende a oposición é a depuradora, así como a rede de saneamento.

–Son consciente destas dúas necesidades, pero é que o concello de Rodeiro non pode asumir por si só estes dous servizos, senón que a Xunta, dalgunha maneira, tén que axudarnos a financiar isto, e tamén outras cuestións como o desenvolvemento do plan parcial do polígono industrial, para o que temos un prazo de oito anos. O proxecto da depuradora xa viña de atrás, e tras a recalificación do solo no Plan Xeral de Urbanismo é evidente que o goberno local non pode, por si só, desenvolver o plan parcial. Ademais, a administración xa ten participado na aplicación doutros plans parciais, polo que agora sería interesante que axudase sobre todo aos polígonos do interior galego, para axudar á creación de postos de traballo. Pero esta axuda tamén podería vir doutras administracións como a Deputación, e así llo plantexei ao presidente, Rafael Louzán, nun encontro recente.

–O PXOM entrou en vigor o 25 de abril do ano pasado, dous meses antes do seu ascenso á Alcaldía. En que se notou a nova norma urbanística?

–Tivo efecto sobre todo na construción e ampliación das explotacións gandeiras, pois moitas granxas estaban paradas dende había tempo á espera, precisamente, da aprobación. O crecemento sí que foi moito menor na construción de vivendas, e máxima nesta época de crise.

–Quedan por acometer as propostas que no seu momento fixo o Bloque para entrar no tripartito.

–Estou de acordo con iniciativas de Manuel Hermida como a posta en marcha dun consello social, pero estamos iniciando contactos cos veciños e seguramente a maduremos nun futuro, non neste mandato.

–Ao igual que herdou o proxecto de compra para os terreos da depuradora e a instalación desta, o tripartito ascendeu ao poder coa idea dunha nova igrexa en Rodeiro, promovida polo seu antecesor, Manuel Salgado. Por que se paralizou este proxecto?

–Porque, en realidade, se trataba dun proxecto de cara á galería e que non tiña fundamento. Manuel Salgado entablara contactos coa Diócese de Lugo sen mirar se era posible a cesión de terreos no casco urbano de Rodeiro para levantar aquí un novo templo. nese sentido, eu son máis práctico e valoro qué servizos son prescindibles en caso de crise.

–Xa con vistas ás próximas eleccións, quizais podemos pensar que o edil de Obras, Manuel García Deza, se integre na lista do PSOE.


–Aínda non falamos das listas para o 2011, pero o que só quero dicir é que a candidatura que presentamos no 2007 tivo moito éxito e cada concelleiro do PSOE aportou o mellor de sí. En canto a unha posible incorporación de Deza, só podo dicir que fai un gran labor na súa concellería e que está dispoñible para os veciños os sete días da semana. De aí que non quixese recortar o seu salario.

–Repetirán candidatura os actuais edís socialistas?


–Estou moi contento co traballo de todos eles e non cabe dúbida de que, para uns comicios, hai que buscar as persoas máis idóneas.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009