Gandeiría Blanco consolida o seu dominio ao acaparar os principais premios do concurso

O gandeiro de Pardesoa (Lalín) foi elixido mellor criador, por diante de Silva, de O Sixto (Dozón)

 07:51  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Representantes de Gandeiría Blanco, elixido mellor criador do certame.  // Bernabé/Gutier
Representantes de Gandeiría Blanco, elixido mellor criador do certame. // Bernabé/Gutier 

XAN SALGUEIRO - LALÍN Gandeiría Blanco, de Pardesoa, na parroquia lalinense de Maceira, consolida o seu dominio en Feiradeza ao acaparar os principais premios do XVI Concurso de Gando Frisón. José Manuel Blanco Blanco foi elixido como mellor criador, logo de ter gañado os tres anos anteriores a desaparecida categoría de mellor rabaño, e colocou catro vacas entre as seis mellores da feira. Unha delas, Pebi Venel 8402, nacida o 1 de novembro de 2004 e filla do touro Charles, foi tamén a vaca gran campiona e obtivo o máximo premio en metálico do certame: 1.000 euros, doados pola firma láctea Lactalis. Conseguiu outros 500 euros, cortesía de Danone, como mellor criador, categoría na que o segundo lugar, dotado con 200 euros, correspondeu a Mª Carmen Silva López, de O Sixto (Dozón).
Pebi Venel 8402 clasificouse para a gran final logo de impoñerse no campionato de vaca adulta á súa compañeira de gandería Bos Blanco Stormatic Dana ET. A primeira gañou na sección de vacas en lactación de 5 anos e a segunda, na de 6 anos ou máis e ambas conseguiron recoñecementos especiais aos mellores ubres.
Na categoría intermedia, a mellor foi a gran campiona do ano pasado, Alizee Champion 6370, de Blanco –gañadora tamén entre as vacas de 4 anos–, por diante de Tasil Goldwyn Nerea, de Silva, que se impuxo ao resto das de 3 anos. As dúas obtiveron tamén os premios aos mellores ubres.
E o campionato de vaca xoven recaeu noutra res do distinguido establo de Pardesoa, Blanco Duplex Megatina ET, gañadora na categoría de 31 a 36 meses; segunda quedou Bos G. Pereira Final C. Deli, de Granja Pereira (Forcarei), que obtivo a distinción ao mellor ubre nesta categoría. Fraga Goldwyn Goldra, da gandería Fraga, da parroquia lalinense de Goiás, gañou na categoría de vacas de ata 30 meses, onde o premio ao mellor ubre foi para Blanco Affirmed Ursula.
As campionas foron distinguidas con 300 euros e un lote de embrións de alta xenética, mentras que ás subcampionas correspondíalle a metade do premio en metálico. Idénticas distincións obtiveron a gañadora do premio especial da Deputación de Pontevedra para vacas nadas na provincia, Tasil Goldwyn Nerea, e maila subcampiona, Bos Blanco Stormatic Dana ET.
Na primera xornada da feira, o sábado, a triunfadora fora Pereira Dolman Dalia, de Granja Pereira (Forcarei), ao impoñerse no Gran Campionato de Xovencas, dotado con 500 euros, cortesía de Leche Celta. A mesma res fora a xovenca campiona e a triunfadora entre as de 22 a 28 meses. Nas de 18 a 21 gañara Bos Blanco Deisy Christy ET (Blanco), e nas de 14 a 17, Carballo Erbo Roy 9593, de Casa Carballo, na parroquia lalinense de Erbo. A xata campiona procedía tamén de Pardesoa, Blanco Vahine Alondra, gañadora entre as de 8 a 10 meses; entre as de 11 a 13 meses impúxose Xilo Maher Beatriz, de Ganadería Xilo SC, de Goiás; e na de ata 8 meses, Blanco Megatila.
En resumo, Blanco gañou en 12 das 22 seccións, incluídos os tres campionatos de vacas por idades e os xa citados de mellor criador e gran campiona. Durante a mañá de onte tiveron lugar os concursos e campionatos de vacas, xulgados por José Ramón Badiola, xuíz nacional de Conafe (Confederación de Asociaciones de Frisona Española). Súa foi a decisión de distinguir por igual aos cinco xóvenes manexadores: Miro Vidal Soto, Naín Rodríguez Suárez, Fátima Míguez Miguens, Avelino Souto Rozados e María Manteiga Rodríguez.
Sorteos
Tamén se sortearon unha xovenca preñada, valorada en 1.800 euros, que recaeu en José Ojea González, de A Xesta; e 600 euros, ao non poder dispoñer dunha becerra, que foron para Manuel Lamas Pereiro, de Palmaz (Goiás). A xovenca doada pola Deputación para rifar entre os gandeiros participantes tocóulle a Jesús Martínez Vázquez, da gandería Anila, de Rañestras (Rodeiro).
O certame mantivo a convocatoria de anos anteriores e congregou a unhas 3.500 persoas durante a fin de semana no remozado pavillón feiral. "Agradeceuno o público e, sobre todo, os animais, que teñen máis espazo e están máis cómodos", explica José Rodríguez, gerente de Africor-Pontevedra. "Foi a feira máis grande en número de animais e mellorou ao cento por cento co novo recinto", declaraba un "totalmente satisfeito" concelleiro lalinense Manuel Fernández.
O alcalde, José Crespo, felicitou aos organizadores "polo éxito conseguido un ano máis na organización deste certame gandeiro de referencia a nivel provincial, o que nos motiva para traballar na preparación dunha convocatoria de ámbito galego, dun nivel semellante á que se vén celebrando en Muimenta ou Chantada". O rexedor reunirase nos vindeiros días co comité organizador de Feiradeza co fin de estudar esta posibilidade, que aumentaría o xa importante nivel do gando participante. "Esta aposta vén avalada pola alta cualificación outorgada ao gando presente por parte do xuíz nacional José Ramón Badiola, que nos animou a seguir traballando pola mellora e a competitividade do noso sector gandeiro, sobre todo nun momento de crise noutros sectores produtivos que ata agora acollían man de obra procedente do medio rural", conclúe Crespo.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009