ÁNGEL GRAÑA - LALÍN
A delegación dezá da Asociación Galega de Fibromialxia (Agafi) organiza hoxe unha charla-coloquio na Casa da Xuventude de Lalín, ás 20 horas, e unha mesa informativa no centro de saúde lalinense, de 11 a 14 horas, con motivo do día mundial desta afección. Teresa Míguez é a delegada de Agafi na zona e encargarase de abrir o acto participativo.
–Onde está a sede da delegación dezá de Agafi?
–Estamos na rúa Manuel Rivero, no número 3. Levamos ahí casi dous anos, o que pasa e que o local só o utilizamos para xuntarnos os primeiros xoves de cada mes. Eu levo ao frente dende o ano 2008. Antes había outra muller que tivo que marchar por motivos persoais.
–Teñen moitos socios?
–Socios somos 33, independentemente das outras enfermidades que teñan. Coido que 33 socios son moitos enfermos de fibromialxia na zona, aínda que poidan parecer poucos asociados.
–Existe algunha razón científica que explique o alto número de mulleres afectadas por a fibromialxia?
–Científica, non. Temos algún home na asociación pero o certo e que o 95 por cento das afectas son mulleres. O que pasa e que, de feito, desta enfermidade se descoñece practicamente todo. Non se sabe a procedencia, si é hereditaria e demais. Sábese por exemplo que si atravesas unha época de stres o sufres algún traumatismo está exposto a padecela. Eu penso que as mulleres nos sobrecargamos con moitas cousas e, ao mellor, iso podería explicar ese alto porcentaxe.
–Sen embargo, a dor é o principal síntoma dunha enfermidade tan descoñocida.
–É o que temos crónico todos os enfermos de fibromialxia. Os médicos che dicen que disto non vas morir y que tampouco quedas inválido pero eu penso que, por exemplo, a dor é o que máis invalidad por razóns obvias. Cando buscamos atención médica pasamos por moitos especialistas antes de que nos digan o que temos.
–Teñen previstas novas actividades na comarca dezá?
–Nós dependemos para todo de Santiago. Aquí, en Lalín, facemos cousas gracias ao programa de Concellos Saudables como son, por exemplo, as sesións de yoga ou tai-chi que veñen moi ben para este tipo de doenza.