ÚLTIMA HORA

Un carballo de lenda

Manuel Dobarro, dono da centenaria árbore de Vilatuxe danada polo temporal, alerta da súa morte "se non lle poñen remedio"

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Estado no que apareceu a árbore o pasado xoves.
Estado no que apareceu a árbore o pasado xoves.  Bernabé/Gutier

REDACCIÓN - LALÍN "Ten ás súas costas varios séculos de vida e foi testigo de moitas historias, mais se non lle poñen remedio morrerá definitivamente". Quen así se expresa é o profesor Manuel Dobarro Fernández, dono do carballo centenario da Casa de Pita, na parroquia lalinense de Vilatuxe. O forte vento da pasada semana rachou un dos polóns principais da histórica árbore, que engade esta grave ferida á súa xa maltreita saúde. "Ningúen se preocupou da súa saúde", malia a estar "considerado un dos exemplares máis antigos", subliña Dobarro, docente no instituto de Vila de Cruces, que se fai eco da historia do coñecido como Carballo do Pazo:
"A finais do século XIX podouse por primeira vez, esto é o que din. A información que temos é a de Don Miguel Varela, que formaba parte do que hoxe se podería chamar a nobreza galega, figos dalgo, fillos de alguén importante. Don Miguel comentaba que se reuniran todos os veciños para a poda, e que houbo unha forte discusión, non querían podalo. Foi tal a cantidade de leña, que chegou para todos os da aldea. Esto é o que comenta o seu fillo adoptivo Carlos Agulló", resalta.
"A lenda máis importante, lenda ou historia, é que baixo as súas pólas, durante o riguroso calor do mes de agosto pagaban os foros ao mosteiro de Aciveiro, ou aos herdeiros rendistas. Cóntase que no seu oco habitaba unha moura encantada; contábame a min o Señor Marcelino, finado, que cando un amigo seu na guerra de Larache se atopou cun mouro díxolle que os seus antergos viviran no Castro de Vilatuxe, e faloulle do Carballo do Pazo; a nosa fantasía non ten límite", comenta Manuel Dobarro.
O propietario foi un crego da súa familia de nome Ramón Ramos Gómez, que llo legou a unha sobriña. Desta, Ramona Ramos, pasou ao seu afillado e actual propietario, xunto con moitas lendas en torno seu. "Cando berraba o moucho, a curuxa ou noitebra, alguén da aldea morría, era o preludio dunha morte anunciada. Dicían as mulleres, berrou a curuxa, a quen lle tocará? Estes paxaros, inocentes, foron o terror de nenos e grandes", lembra Dobarro, que evocaba "o Carballo do Pazo, a curuxa, a noitebra e o moucho" cando, por mor dos seus estudios de humanidades, lía Maese Pérez, el organista –una das lendas de Gustavo Adolfo Bécquer– entre os "lúgubres muros do Seminario de Lugo".

COMPARTIR
 
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009