Tributo a unha boa e xenerosa

A Xunta presenta unha escolma da literatura de Anisia Miranda

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Neira Vilas entra no auditorio acompañado por López, Otero, Louzán e Freixanes.
Neira Vilas entra no auditorio acompañado por López, Otero, Louzán e Freixanes.  Bernabé/Gutier

Tres meses despois do seu repentino pasamento, o 22 de outubro, o Concello de Vila de Cruces e a Fundación Xosé Neira Vilas renderon unha homenaxe á escritora Anisia Miranda. Ao evento acudiron, ademais, representantes de Cultura e Política Lingüística, así como varios escritores e moitos veciños de cruceños, ata ateigar o auditorio.

SALOMÉ SOUTELO - VILA DE CRUCES Dende que se establecera en Galicia en 1992 co seu home, Anisia Miranda desempeñou un labor "entusiasta e xeneroso" como vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, como dixo onte o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, durante a homenaxe á escritora que tivo lugar no auditorio municipal de Vila de Cruces. A través da promoción da literatura infantil en todas as súas vertentes e da posta en marcha dunha biblioteca na propia fundación, Miranda completou unha dedicación ás letras que xa comezara na súa adolescencia e que durou ata o día do seu pasamento, o pasado 22 de outubro.
A súa biografía e o seu traballo como escritora infantil e tradutora aparece recollido nun libro que edita a Xunta e que onte presentou o propio López, precisamente nun Ano do Libro "no que se botará en falta a figura entrañable de Anisia". Para López, o binomio que dende 1957 compoñían Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas ocupa "un lugar primordial na cultura" xa que ambos cumpriron o seu compromiso cos nenos e coa formación das persoas a través dos libros. De aí que a figura da autora de relatos como "Cuando el Che era Ernestillo" tamén recollese as louvanzas de compañeiros de profesión como a poeta Marica Campo ou o escritor e tamén xornalista Víctor Freixanes.
Mais o labor de Anisia non se extende só aos nenos, senón á literatura en galego, en xeral. O mesmo ano en que casou con Neira Vilas, fundou en Bos Aires a editorial Follas Novas, que se encargou de difundir a literatura na súa lingua materna Activista convencida, denunciou o encarceramento, por erro, de cinco loitadores antiterroristas cubanos. De aí que a presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, tamén fose necesaria na homenaxe de onte. Ante un ateigado auditorio tamén desfilaron o grupo A Quenlla, o tenor Cesáreo Torres e o coro Voces da Terra, como complemento lúdico a un acto de recoñecemento no que tamén participaron o alcalde, Jesús Otero e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. O esposo de tan prolífica autora estivo, ademais, arroupado por moitos veciños de Vila de Cruces e representantes da Fundación Neira Vilas.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009