Marcos González Fernández - Alumno do instituto Pintor Colmeiro

"Se podo, gustaríame estudar enxenería aeronáutica"

Participará na Olimpiada Matemática Española ao ser elexido na fase galega

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O estudante, natural de Martixe, onte, no centro trasdezao.
O estudante, natural de Martixe, onte, no centro trasdezao.  Bernabé/Javier Lalín

ALFONSO LOÑO - SILLEDA Este veciño de Martixe e estudante de 2º de Bachillerato no instituto Pintor Colmeiro vén de ser selecionado para a XLVI Olimpiada Matemática Española que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo en Valladolid. Marcos González foi un dos alumnos distinguidos na fase autonómica que tivo lugar o pasado día 15 en Santiago. Manéxase moito mellor entre números que coas letras, aínda que o seu expediente conta con matrículas en diversas materias. Con 18 anos recén cumpridos, Marcos recoñece que o seu amor polas matemáticas comezou sendo aínda un neno, motivado tamén polos seus pais.

–Cómo xurdíu a idea de presentarse a esta competición?

–Foi falando co meu profesor de matemáticas, que me animou a presentarme e díxome que o fixera, pero gústanme os números desde pequeno. Cando comezas en Párvulos, eu xa sabía multiplicar porque os meus pais sempre me ensinaron na casa. Con cinco anos calculaba os días que tiña e logo quería saber os dos meus avós, e así aprendín a multiplicar xa con dúas cifras. Os números son máis sinxelos, porque, por exemplo, aprender a ler é un proceso máis complicado.

–En qué consistíu a proba na que foi seleccionado o pasado día 15 en Santiago?

–Estabamos 166 estudantes e repartíronnos en dous grupos nas aulas da Facultade de Matemáticas. Pola mañá tiñamos que facer tres problemas e outros tres pola tarde, para os que nos daban tres horas e media para cada un. Foi bastante duro e nin os dei rematado todos. Ao final xa nos comunicaron os que estabamos seleccionados para a fase española, que penso que será moito máis complicada, pero o importante é estar alí.

–As matemáticas non son unha materia á que os estudantes lle teñan moito cariño. Tén pensado xa cara onde quere orientar os seus estudos?

–Se podo, gustaríame estudar enxeñería aeronáutica. Sempre me gustaron moito os avións e as naves espaciais (risas). Penso que só se pode facer en Madrid, polo que, se ao final non é posible, estudarei outro tipo de enxeñería, relacionada coas matemáticas ou a física.

–Ten un bo expediente académico, pero é dos que sinte pavor pola selectividade?

–Saco boas notas tamén nas materias que me gustan menos, aínda que para iso deba esforzarme máis. En matemáticas sí, saco deces normalmente, pero en física nas últimas notas saquei un nove. Á selectividade non lle teño medo. Polo que din, ata creo que é máis sinxelo do que parece, aínda que algúns digan que é moi complicado.

–Supoño que estes días serán moitos os compañeiros e profesores que o feliciten polo seu traballo...

–A verdade é que moitos compañeiros se preocuparon por min, e tamén os profesores. Penso que isto é algo importante tamén para o instituto; é algo que agradezo moito e polo que estou moi contento. A proba de Valladolid vai ser moi dura pero o feito de estar alí vai ser xa unha moi boa experiencia.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009