Nemesio Rey - Presidente do colectivo de moblistas da Estrada

"A feira de Zaragoza pode ser moi importante para lograr traballo para os primeiros meses do ano"

Moblistas locais parten nesta semana para a cidade aragonesa

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Nemesio Rey.  // Bernabé
Nemesio Rey. // Bernabé 

SILVIA ALENDE - A ESTRADA O próximo xoves, seis moblistas estradenses partirán cara Zaragoza para representar ao sector local na nova feira profesional que se celebra nesta cidade aragonesa. Deste xeito, por primeira vez o sector estradense promocionarase de forma conxunta baixo un mesmo stand, aínda que cada firma exporá as súas propias creacións. A escasos días desta viaxe, o colectivo de fabricantes do moble do municipio ten as vistas postas nesta nova cita expositiva como unha posibilidade, máis que necesaria neste momento de especiais dificultades económicas, de conseguir abrir novos mercados no norte de España. Unha zona na que o moble que se produce no municipio podería acadar unha moi boa acollida. Así o explica o presidente da asociación que integra aos moblistas e fabricantes estradenses, Nemesio Rey, nas seguintes liñas.

–O sector ten neste momento unha cita inminente coa feira profesional do moble que se inaugurará en Zaragoza esta próxima semana. Que resultados esperan acadar neste certame?

–Sobre todo esperamos abrir mercado na zona de Cataluña e, en xeral, en toda a parte norte de España. Algúns dos fabricantes que van nesta ocasión xa teñen presenza nese entorno, polo que por unha banda tentaremos manternos e pola outra veremos a posibilidade de empezar a traballar para expandirnos. En canto aos posibles resultados, todo dependerá da afluencia de visitantes que se consiga atraer a esta nova feira profesional.

–Por que decidiron promocionarse nesta zona en concreto?

–Pois porque se trata dunha zona que podemos considerar boa, xa que nela gusta moito a madeira e entón é unha nas que o moble da Estrada, por esta razón, pode chegar a ter unha gran aceptación.

–Falando pois de aceptación das creacións locais, hai algún outro entorno no que o moble que se produce no municipio estradense poida ter un encaixe máis rápido?

–Na actualidade estase tentando introducir no ámbito internacional, pero penso que onde mellor se acepta é, como digo, no norte de España. Logo, tamén por exemplo noutros puntos como Extremadura ou León. Por iso ten tanta importancia esta feira de Zaragoza para precisamente tentar captar a este tipo de público.

–A escasos días do remate dun ano especialmente complexo para a economía a nivel global, pídolle unha valoración da actividade do sector do moble estradense neste 2009 que vimos de finalizar...

–A verdade é que a cousa non está para tirar cohetes. O ano pasado baixaron as vendas e sobre todo no último trimestre do ano notouse un descenso importante que non se dera noutras ocasións. Nestes momentos estamos pendentes e á expectativa dos resultados que poidan acadarse de cara a mediados deste primeiro período de 2010, por iso esta feira pode ser moi importante xa que dela pode sair o empuxón necesario para lograr traballo para os primeiros meses polo menos. Xaneiro e febreiro soen ser normalmente meses baixos e no caso de 2009 tampouco os de finais de ano foron altos.

–Confían tamén en que a Feira Profesional do Moble que se celebrará na Estrada no próximo mes de abril contribúa ou alomenos aporte un pequeno grao de area para relanzar un pouco a situación na que se atota a industria local?

–A verdade é que este ano non se ten unha perspectiva clara para a feira profesional, a diferenza do que podía ocorrer outros anos. Noutras ocasións poderíase adiantar aproximadamente canto se ía vender neses días, pero nesta situación é imposible realizar unha previsión deste tipo agora mesmo.

–Que medidas cree necesarias para saír desta conxuntura marcada como di por un importante descenso no ritmo das ventas?

–Está moi complicado. Se fose unha situación que afectase tan só ao noso sector poderíase analizar que é o que estamos a facer mal e buscar solucións para remedialo. Pero como non se trata diso, senón que é unha problemática común a moitos outros ámbitos da actividade económica, o único que queda é que nesta profunda crise que estamos a vivir volva xerarse pronto a ilusión por mercar. Desta ilusión é da que poderá derivarse que o consumo aumente. Hai que ter moi en conta ademais que o moble non é un produto de primeira necesidade, non é pois un produto básico que a xente teña que adquirir irremediablemente.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009