O Entroido de Merza loce en Euskadi

A asociación Vello dos Cornos amosa esta festa na Casa de Galicia en Guipúzcoa

 06:30  
Aspecto que presentaba a sala na que se presentou a festa cruceña
Aspecto que presentaba a sala na que se presentou a festa cruceña  

A Casa de Galicia en Guipúzcoa, situada na cidade de Donostia, acolleu o sábado unha mostra dos Entroidos do Ulla. O coletivo de Merza O Vello dos Cornos participou nestes actos, nos que se deron a coñecer as particularidades desta celebración que conta cunha fonda tradición en terras cruceñas.

ALFONSO LOÑO - VILA DE CRUCES Representantes da asociación Vello dos Cornos, de Merza, participaron o pasado sábado nunha mostra sobre os Entroidos do Ulla, que se celebrou na Casa de Galicia en Guipúzcoa. Na cidade de Donostia os membros do coletivo documentaron aos presentes sobre as particularidades desta festa tradicional que conta con moita sona nesta parroquia cruceña, na que o Alto dos Xenerais é o seu grande atractivo.

O programa de actos deu comezo ás 19.30 horas coa presentación do Entroido de Merza a cargo de Xan Alonso e Manu Gómez, membros do colectivo Tacón Punta Tacón, que promove actividades culturais na Casa de Galicia, e que se encargaron de informar aos máis de 70 asistentes sobre a celebración cruceña. Pero ademais das fotografías ou os carteis sobre esta festa, a asociación de Merza presentou nesta cita a dous xenerais, un Correo ao Escribano e ao Vello dos Cornos; personaxes típicas deste Entroido e que, só en Merza mantén a figura do Escribano, posto que noutras parroquias foi substituida pola do Alcalde. O público puido comprobar as características de cada personaxe e a iniciativa foi valorada polos presentes, ata o punto que os representantes de Vello dos Cornos estiveron media hora máis explicando as orixes desta festa e as particularidades que representa Merza con respecto a outros entroidos do Ulla. Logo da mostra e da presentación, que compartíu o personaxe do Escribano, proxectouse unha película sobre o entroido do ano pasado, trala que os cinco veciños de Merza voltaron a narrar ao público outros aspectos relativos a esta celebración. Os representantes de Vello dos Cornos destacaron o recibimento que tiveron en Donostia durante a súa estancia e o grande interese que espertou esta festa cruceña.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya