"A música é un xeito de divertirme, non a vexo como profesión"

A gaiteira estradense Noelia Bouzón actuou onte xunto a Carlos Núñez na cidade de Vigo

 06:30  
A gaiteira Noelia Bouzón.
A gaiteira Noelia Bouzón. 

SILVIA ALENDE / A ESTRADA Noelia Bouzón,gaiteira natural da parroquia estradense de Ouzande e integrante do grupo Retrouso, actuou onte xunto a Carlos Núñez na presentanción do novo disco do artista, Alborada do Brasil, un evento que tivo lugar na cidade de Vigo. Horas antes da súa intervención, esta intérprete de 18 anos de idade destacaba que a música tradicional a atrae dende cativa e que ve nela unha posibilidade de desfrutar do seu tempo e de divertirse, aínda que polo momento non a contempla como una posibilidade de futuro.

–Antes de nada, unha pregunta obrigada. Atópase vostede ilusionada por esta participación?

–Moitísimo pero teño tamén moitos nervios. De tódolos xeitos, estou moi entusiasmada, con moiitas ganas de pasalo ben nesta actuación e tamén de aprender moito e aproveitar a experciencia.

–Cal foi o motivo de que Carlos Núñez a invitase a tocar con él na presentación do seu novo traballo?

–Pois coincidimos nunha ocasión na Bretaña francesa, porque foramos tocar cun grupo de Santiago e estaba el alí dando un concerto. Tocou con nós, despois estivemos falando e preguntoume se nun futuro quería participar con el e para min que Carlos Núñez me invitase a traballar con él foi xa demasiado.

–De que temas se compón o repertorio que interpretará esta tarde (por onte)?

–Toco con outros tres rapaces e imos interpretar tres pezas, entre elas están Aires de Pontevedra, algunhas tradicionais e outras con aires brasileiros, xa que o disco que presenta ten música brasileira.

–Canto tampo leva adicándose á música?

–Pois empecei cos once ou doce anos e dende aquel momento ata agora adiqueime de xeito continuo.

–Que foi o que a motivou a empezar a tocar a gaita?

–Foi gracias á asociación cultural A Fervenza de Ouzande, porque empezou a dar cursos de música tradicional na parroquia, de gaita, de pandeireta... e apunteime a algúns pero ao final foi a gaita o que me convenceu.

–Ve a música como unha posible profesión?.

–Ultimamente houbo un tempo no que comecei a plantexarme esa posibilidade pero quizais non. Véxoa máis como unha forma de divertirme, de pasalo ben pero non como un traballo para o futuro.

–Ademais de tocar a gaita, a que se adica actualmente?

–Estou estudando na Universiade de Santiago de Compostela a licenciatura de Bioloxía.

–Ademais da súa participación no grupo estradense Retrouso, colabora con outras formacións musicais nestes momentos?

–De momento estou con Retrouso e moitas veces tanto a min coma a outros compañeiros do grupo chámannos para ir tocar por aí.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya