Xoán Babarro González - Escritor

"Os grandes almacéns esconden a literatura infantil en galego"

O gañador do Premio Arume xa traballa en novas obras

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Xoán Babarro González.
Xoán Babarro González.  

ÁNGEL GRAÑA - VILA DE CRUCES Naceu en Calvelo de Maceda (Ourense) en 1947 e exerce como catedrático de lingua e literatura galega. Xoán Babarro González gañou o V Premio Arume de poesía para nenos coa obra titulada “A princesa de Taramundi” gracias a que se trata dunha “poesía do galego estremeiro, e, dende o punto de vista léxico, utiliza dialectalismos do galego oriental”, afirma o xurado encargado de fallar o premio convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas, de Gres (Vila de Cruces).

–Que supón para vostede gañar o Arume?

–Fundamentalmente é un recoñecemento ao teu traballo e tamén un aliciente para seguir facendo poesía para nenos, algo que cada vez gústame máis.

–Como xurdiu a necesidade escribir para os cativos?

–Como profesor que son, móvome dentro de ese medio. Ademais, hai cousas que enganchan cando fas poesía para os rapaces como son o uso da imaxinación e os elementos surrealistas que non se permiten na case totalidade da literatura para adultos.

–Cal é a postura dun escritor adulto cando pensa en escribir para os máis novos?


–Escribir para nenos siñifica optar por determinados temas ao mellor pouco tratados na literatura adulta. Tamén tes que adaptar a lingua ao mundo infantil para facer recoñecible a túa historia por parte dos hipotéticos lectores. É a mesma distinción que existe entre contar un conto para nenos e contar outro para persoas adultas.

–Como contempla a situación actual da literatura infantil en Galicia? Chega en condicións aos seus receptores naturais, os nenos?


–A literatura para nenos en galego non ten nada que envexar a outras, e ahí están os premios que estánse a conseguir en concursos internacionais. O malo e que aínda atopas vías de distribución cortadas por elementos externos que temos que superar.

–Por exemplo ...

–Os grandes almacéns esconden a literatura infantil en galego. Estes días nos que se merca moito libro por mor do Nadal é doado comprobar como nas librerías dos centros comerciais a literatura galega ou ben non existe ou está escondida nun recuncho e non está visible. Dánlle prioridade a literatura en castelán como se se avergoñaran da feita en galego.

–En que traballa agora?

–Teños varias cousas en marcha que espero rematar dentro de pouco tempo.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009