Xurxo Mariño - Profesor da Universidade de A Coruña

"Eu utilizo un actor no lugar do powerpoint para explicar ciencias"

Representou onte o espectáculo "Matarratos Darwin" xunto a Vicente de Souza no Hotel Spa Oca Katiuska

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Mariño, onte, nun intre do espectáculo divulgativo
Mariño, onte, nun intre do espectáculo divulgativo "Matarratos Darwin".  Bernabé/Javier

Nado en Lugo en 1969, estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse na de Massachussetts en Estados Unidos en Neurofisioloxía. Hoxe imparte clases de seis disciplinas diferentes nos campus de Ferrol, A Coruña e Santiago. Está adscrito ao departamento de Medicina da Facultade de Ciencias da Saúde na Universidade de A Coruña.

ÁNGEL GRAÑA - SILLEDA Forma parte dunha xeración de profesores universitarios que entenden o ensino como algo vivo e participativo. Ten en marcha varios proxectos de achegamento das ciencias ao público en xeral dun xeito ameno como son os cafés teatro científicos onde calquera pode plantexarlle as súas dúbidas. Onte, no Hotel Spa Oca Katiuska de Silleda, fixo as delicias do público co espectáculo “Matarratos Darwin”, un discurshow, como lle gusta chamalo, onde se contan as anécdotas do pai da teoría da selección natural das especies durante a súa viaxe a bordo do “Beagle”.

–Cal é o punto de partida de Matarratos Darwin.

–Eu fago actividades de divulgación da ciencia como charlas. En elas comprobei que a xente aínda ten certo reparo diante das cuestións científicas. Falei con Vicente de Souza, un magnífico actor, e artellamos este espectáculo que é unha mistura de conferencia e teatro. Eu utilizo un actor en lugar do powerpoint para explicar ciencias (risas) e teño que recoñecer que están a funcionar. Levamos unhas cuantas representacións e o resultado é moi gratificante.

–Qué pasa coa ciencia que segue sendo complicado facela atractiva á xente.

–O certo e que a ciencia é respetada por todo o mundo, pero poucos se preocupan de saber que é moi útil. Temos teléfonos móviles e consumimos aspirinas, por exemplo, gracias aos avances científicos. O problema e que cando queres facela atractiva hai un certo repelús por parte da audiencia. Sin embargo, eu penso que se pode facer dixerible.

–Supoño que na Universidade tamén pasa o mesmo.

–Hai unha profesora en Santiago, Elvira Vázquez, que ten un programa chamado “Unha andaina polas Matemáticas” que é un bo exemplo de que unha asignatura con tanta mala fama como as Matemáticas poden ser divertidas. Leva anos facendo un traballo moi válido e do que todos debemos copiar. É unha mágoa non ter interacción entre as carreiras de letras e de ciencas na universidade. Aínda hoxe hai científicos que pensan que non lles fai falla ter coñecementos científicos, viceversa tamén hai xente de letras que denostan as referencias científicas.

–O Matarratos Darwin é un espectáculo para todas as idades?

–Por suposto. Pódoche dicir que quedan encantados. Somos capaces manter a atención de cativos de 14 anos durante unha hora e cuarto, algo impensable se o tentas dentro dunha aula. Eu, que son profesor, quedo abrallado contemplando como esos rapaces non se perden nada do que facemos cando lles estamos a falar de cousas como a teoría da relatividade e cousas semellantes.

–Seguro que tamén tería éxito trasladar o discurshow as clases universitarias.

–É unha boa idea, sí señor (risas). Ao mellor, un día destos os dous facemos a función nas miñas clases para comprobar cómo vai a cousa. ¡O que daba por mirar as caras dos meus alumnos! (risas).

–Onde está máis a gusto, nos cafés científicos ou non Matarratos Darwin?

–E que son dous actividades moi diferentes. Os cafés científicos están moi ben porque os facemos nos bares diante de xente que ao principio está un pouco recelosa, pero pouco a pouco vai entrando no xogo. Ao final sempre rematamos cun coloquio entre todos con preguntas y respostas en ambas direccións. O Matarratos Darwin é algo menos interactivo, aínda que podes comprobar en directo como reacciona a xente ao que ti lles contas sobre o popular naturalista inglés.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes