Monólogo entre fantasmas

Quico Cadaval congrega moi pouco público no seu espectáculo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Quico Cadaval, onte, no Salón Teatro de Lalín.  // Bernabé/Gutier
Quico Cadaval, onte, no Salón Teatro de Lalín. // Bernabé/Gutier 

Poucos foron os dezaos que desafiaron á meteoroloxía para acudir ao espectáculo que Quico Cadaval escenificaba onte á noite no Auditorio Municipal de Lalín. O polifacético contacontos galego representou "Fantasmas familiares" nunha sá medio vacía. Iso si, os fieis ao cómico non saíron defraudados coas incribles historias revividas por Cadaval.

REDACCIÓN - LALÍN Gran parte das butacas do Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín quedaron baleiras no espectáculo "Fantasmas familiares", que Quico Cadaval representou co patrocinio de Caixanova. A entrada custaba 8 euros, que para quen si estivo presente foron ben merecidos dada a graza e profesionalidade do artista.
Creada a partir de narracións da tradición oral, a obra escenificada onte foi transformada ao longo dos últimos quince anos, acomodándose ás circunstancias ambientais, ás inclemencias meteorolóxicas, ás experiencias persoais do artista e aos terrores máis íntimos do público. Antes de chegar a Lalín, Cadaval paseou os seus fantasmas por festivais tan prestixiosos como o de Bucaramanga (Colombia), Almada (Portugal), a Feira do Libro da Habana (Cuba), o Maratón dos Contos de Guadalajara (España) ou a Fundación Gulbenkian de París (Franza) e, en vindeiras datas, acudirá a Río de Janeiro e Sao Paulo (Brasil).

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes