Xoán Vázquez Lago - Médico

"Déuselle demasiada importancia aos mortos da gripe A"

"O sistema sanitario está preparado para afrontar a pandemia"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O doctor Vázquez Lago, onte, en Agolada. // Bernabé/Javier Lalín
O doctor Vázquez Lago, onte, en Agolada. // Bernabé/Javier Lalín 

ÁNGEL GRAÑA - AGOLADA As Casas da Cultura de Agolada y Vila de Cruces acolleron onte una serie de charlas organizadas pola Consellería de Sanidade e a Deputación sobre a gripe A. O doctor do Complexo Hospitalario de Pontevedra Xoán Vázquez Lago foi o encargado de achegarse ata a comarca de Deza para falar sobre unha das pandemias máis mediáticas das últimas décadas.

–Cómo enfoca un médico de medicina preventiva unha conferencia sobre unha enfermidade tan coñecida como a gripe A?

–Pois facendo fincapé nas cinco cousas que hai que ter en conta nunha campaña como a que vai por en marcha Sanidade. É dicir, o lavado das mans; a hixiene respiratoria ao estornudar; quedar na casa cando hai sintomatoloxía; observarse a ún mesmo si temos factores de risco ou síntomas si é grave; e manter informadas as autoridades sanitarias sobre calquer cambio que xurda.

–Sobredimensionouse a gripe A?

–Foi unha mixtura entre falta de información e información mal dada. Houbo que centrarse en outros puntos da enfermidade para tranquilizar á poboación. Ao principio creouse unha alarma xustificada porque non sabiamos a que nos íamos a enfrentar. Déuselle demasiada importancia aos mortos da gripe A porque a gripe convencional tamén mata.

–Cal é o estado actual da batalla contra a gripe A?


–O sistema sanitario está preparado para afrontar a pandemia e calquera demanda. Liberouse o uso da antiviral, e iso é moi positivo para poder combatila con total eficacia.

–O noso clima é peor que o de outros puntos de España para loita contra esta patoloxía?

–Non o creo. Andalucía, por exemplo, ten máis casos que Galicia de gripe A. O que de verdade inflúe e que o virus non apareza vencellado ao entorno. A vacinación xoga un papel fundamental para tentar evitar este factor tan importante.

–Na súa consulta seguen chegando pacientes preocupados pola gripe de marras?

–Eu sigo apreciando preocupación na xente. Esixen moita información ao respecto e por iso recomendamos a vacinación como principal arma de loita.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes