Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces serán as primeiras estacións de acendido da TDT da área de Santiago

O 31 de decembro rematará o prazo para a transición da televisión analóxica á dixital

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Lalín acolleu unha campaña de información da TDT.
Lalín acolleu unha campaña de información da TDT.  Bernabé/J. Lalín

SALOMÉ SOUTELO - LALÍN O calendario de acendido da Televisión Dixital Terrestre (TDT) na área técnica de Santiago dará comezo nas estacións dezás de Órrea (Agolada), Rodeiro e Bascuas (Vila de Cruces), así como nas de Barazón (Santiso) e Furelos (Melide), tal e como explicou onte o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, durante a presentación do Plan de Acendido de dita área técnica. Grazas a un investimento de 2,4 millóns de euros o goberno autonómico pretende facer unha transición axeitada da televisión analóxica á dixital dentro do prazo comprometido, que para cinco dos seis concellos da comarca remata o 31 de decembro. Hai que lembrar que o prazo inicial do apagón analóxico era o 30 de xuño e que Dozón –con data límite tamén en fin de ano– está incluido no proxecto de transición Meda, ao que pertencen os concellos ourensáns e o leonés de Puente de Domingo Flórez.
Os equipos empregados nestas estacións microreemisoras están cofinanciados pola Xunta e o Ministerio de Industria, e os equipos empregados contan con tecnoloxía exclusivamente galega, sendo tamén galegas as firmas encargadas da instalación.
Cabaleiro explicou durante a súa intervención que, para dar cumprimento a este Plan de Despregue na área técnica compostelá tivo que aprobarse en xullo un Plan de Choque contra a crise para orzamentar o investimento e renegociar co estado a ampliación de prazos mencionada. Ademais, dende a Xunta informouse aos concellos afectados e ás dúas deputacións das actuacións necesarias en cada un deles, xa que era preciso coordinar as actuacións dos gobernos locais cos técnicos da Xunta e as empresas instaladoras para a mellora das infraestruturas. Ao longo destes meses tamén se fixo unha coordinación con Industria para establecer o Plan de Comunicación de Proximidade para os municipios implicados. Neste sentido cómpre lembrar que nas últimas semanas unha unidade móbil se desprazou a Lalín e a Rodeiro para explicarlles aos veciños os cambios necesarios para recibir o sinal dixital. En casos nos que esta emisión sexa moi difícil porase en marcha un sistema de recepción por satélite.

Fases

Por último, Alfonso Cabaleiro lembrou que o goberno autonómico mantén o prazo da primeira quincena de xaneiro para os apagamentos analóxico da Fase I (que afectan a Ourense Leste e Santiago) e gran parte da Fase II, que afecta aos proxectos de transición Ares e Meda. Para o 3 de abril agárdase que estén todas as áreas rematadas coa finalización do resto da Fase II e a Fase III, que engloba as zonas de Páramo e Domaio.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes