Vázquez Pintor rememora a súa nenez con "A Terra do Medio"

O libro pertence á colección "Viaxes Literarias" de A Nosa Terra

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Vázquez Pintor presentou o libro no Museo Municipal de Lalín.
Vázquez Pintor presentou o libro no Museo Municipal de Lalín. 

SALOMÉ SOUTELO - LALÍN Xosé Vázquez Pintor (Melide, 1946) presentou onte no Museo Municipal de Lalín a súa última obra, "A Terra do Medio". O libro é en realidade unha biografía do autor na que se recollen as súas impresións durante os anos da nenez e da adolescencia na zona, "pois cando case e marchei a Cangas, produciuse a ruptura coa miña tribo", tal e como explicaba. Como era inevitable ao presentar tal título, Vázquez Pintor aclarou que o auténtico centro de Galicia se atopa na aldea de Nugallás, en Antas de Ulla, onde diversos literatos promoverán un "encontro máxico" na primavera do ano que vén.
Mentres, o lector poderá ir descubrindo os primeiros anos de Pintor nos concellos de Melide –onde naceu e viviu ata os catro anos, para volver aos nove e continuar estudos– Lalín, Rodeiro, Santiso, Toques e Agolada, onde ten familia paterna e onde desenvolve un papel moi activo na recuperación do seu patrimonio. Ademais, tanto na portada como na contraportada do libro aparecen as igrexas de Merlín e a de Carmoega.
O autor de outras obras como "Os vellos oficios" ou "Para dicir abril" asegura que neste "A Terra do Medio" evitou facer mención doutros concellos tamén vinculados á súa experiencia vital, como Silleda e Vila de Cruces, "que xa tén o seu propio autor", referíndose a Xosé Neira Vilas.
O volume presentouse recentemente na segunda Feira do Libro de Melide e forma parte da colección "Viaxes Literarias" que edita A Nosa Terra e que, nun inicio, só se ía poder consultar en internet. Finalmente, a viaxe no tempo de Pintor tomou forma en 70 páxinas nas que volve primar o interese do autor por recuperar o léxico da xente de a pé, "ese que nin sequera está no dicionario", afirma. É por iso polo que tamén incorpora cancións populares, como a referida ás mozas de Rodeiro, ou personaxes que na nenez de Pintor marcarían a súa aprendizaxe, "como a chamada vella de Goiás, que curaba coas mans e á que se acudía cando a ciencia fallaba", ou o compoñedor de Soutolongo, a quen irremediablemente coñecían todos os nenos da zona por arranxar ósos rotos tras unha caída de bicicleta.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas