Ven de conseguir o premio Barriga Verde de libretos para teatro de monicreques -na modalidade de adultos- por unha peza escrita durante a súa estadía en Lisboa. “Auga que non vas beber” é unha obra escrita en lingua galega, para catro actores e un pianista, que será editada dentro de pouco.

-Qué significa un premio como este?

-Estou contento polo que siginifica de recoñecemento e que gracias ao Barriga Verde vai ser máis fácil facela obra e producila. Hai tres anos que comencei a escribila pero foi moi complicado. É unha obra que sufriu varias modificacións ao longo do camiño ata quedar como está agora. Conta a historia dun cura que se lía coa criada e como consegue desembarazarse da criatura que nace desa relación ao casar á moza co muiñeiro do lugar.

-Fala da facilidade coa que agora podería representarse. Hai data prevista para elo?

-Penso que non poderá estar na rúa ata dentro dun ano aproximadamente. Despois espero poder representala, por exemplo, na miña compañía Fantoches Baj porque é unha obra pensada para unha compañía de medio formato. Coido que seis personaxes poden darlle vida aos protagonistas.

-De qué depende que “Auga que non vas beber” se poida representar?

-As cousas, en xeral, están moi mal. Agora hai menos cartos para a cultura e nós somos uns dos máis perxudicados porque a administración e o noso principal contratador. Como digo eu, sempre que haxa algo para comer non haberá problema (risas). Ademais, estiven tres anos en Lisboa dedicándome a pensar e escribir e, si veñen mal dadas, sempre hai tempo para seguir escribindo.

-Sería unha mágoa non poder levala a escena por falla de financiación.

-Por suposto, pero tranquilo porque a creatividade sempre ten un saída para os tempos de crise, en especial en estos momentos tan difíciles que estamos a pasar os que nos adicamos a cultura. Son optimista dentro do que cabe porque entre outras cousas non nos queda outra. Levo un ano en Lalín dende que voltei de Lisboa e vexo claro que isto vai parar moito. Está claro que se diron os últimos coletazos para que despois todo sexa máis complexo para os que traballamos neste fermoso oficio dos títeres.

-En qué traballa agora?

-Estou cun espectáculo chamado “Arrieiros” para a compañía Os Quintilláns de Santiago. É un traballo moi bonito que está tendo moi boa acollida.