EN DIRECTO
Ramón Sánchez Barcala - Autor dun libro inédito sobre a historia do Mosteiro de Carboeiro

"Cómpre crear un equipo de xestión no mosteiro, cun guía e un historiador"

"Tamén fan falla un museo do románico, unha aula da natureza e unha biblioteca"

 01:05  
Nacido en Silleda en 1949, cursou estudos no Seminario de Lugo e na Facultade de Psicoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Dende o ano 1988 traballa no Concello de Silleda, onde foi titor durante cinco anos da escola-obradoiro que realizou a restauración de Carboeiro.
Nacido en Silleda en 1949, cursou estudos no Seminario de Lugo e na Facultade de Psicoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Dende o ano 1988 traballa no Concello de Silleda, onde foi titor durante cinco anos da escola-obradoiro que realizou a restauración de Carboeiro. 

ÁNGEL GRAÑA - SILLEDA O Centro Galego de Santander concedeu no ano 2008 unha mención honorífica ao traballo de Ramón Sánchez Barcala titulado “Un mosteiro camiño de Compostela” adicado ao cenobio benedictino de Carboeiro. O galardón coincidiu coa celebración do Día das Letras Galegas e recoñece o esforzo do autor en col da recuperación dun lugar emblemático da comarca de Deza. Do seu labor como titor da escola-obradoiro que realizou a restauración do mosteiro pode vir o seu amor pola historia do mesmo.

–Cando poderemos adquirir esta obra sobre Carboeiro?

–Non sei. Estou agardando para poder publicalo, pero só teño 500 euros. Ao mellor en Nadal é posible facelo se poño o resto que falta do meu peto. Estaría ben poder vendelo a cinco euros, por exemplo, entre os amigos, porque penso que en Silleda pode ser moi ben recibido.

–Como xurdiu a idea de adicarlle una obra como esta ás ruinas do mosteiro máis coñecido da comarca?

–Carboeiro para min é algo moi especial. Como sabes, fun titor da escola-obradoiro que restaurou o edificio e tamén o seu fermoso contorno. Foron cinco anos inesquecibles que me gustaba deixar plasmados nunha obriña coma esta. O certo é que todos os que alí traballamos collémoslle moito cariño a aquelas pedras.

–Coida que Carboeiro debería estar máis potenciando do que está agora? Que se podería facer para convertelo nun referente artístico e turístico do centro de Galicia?

–O certo é que se poden facer moitas cousas, porque é un lugar moi agradecido para facer o que se queira. Cómpre crear un equipo de xestión de Carboeiro que podería ter un guía permanente no mosteiro, un historiador para traballar na recuperación dos datos do convento, e tamén un mestre para dar clases no centro sobre a cultura da época cando se fundou. Penso que tamén habería que buscar unha finalidad á cantidade de cartos que está previsto investir alí. Incluso se podería facer un pequeno albergue que seguro sería utilizado pola grande cantidade de peregrinos que pasan por aquí.

–Hai espazo para tantas actividades nas ruinas do cenobio?

–Seguro. Fan falla un museo do románico, unha aula da natureza e unha biblioteca que, penso, podería estar adicada ao románico con libros especializados. Tamén habería que meterlle auga e luz porque non ten, e é algo moi necesario para poder sacar adiante calquera actividade nun lugar tan fermoso coma Carboeiro.

–Que papel ten o seu libro nesa tarefa de potenciación de Carboeiro?

–É moi modesto. Só quixen facerlle unha pequena homenaxe a un lugar onde pasei moi bos momentos. Gustaríame que a xente que o merque saiba apreciar o cariño co que está feito e que aproveiten para ir por alí máis a miúdo, porque en Silleda hai xente que debería achegarse a Carboeiro para apreciar o que temos e poder defendelo polo valor que tén en realidade para todos nós.

–Sempre se dixo que valoramos máis o de fóra ca o que temos na casa. Pasa o mesmo con Carboeiro?

–É certo que moitas veces lle damos valor ao que visitamos por aí fora e ao que temos aquí pretiño da casa non tanto. Carboeiro pasou de ser un auténtico descoñecido a estar potenciado a todos os niveis. Os numerosos visitantes veraniegos que temos cada ano corroboran o feito de que Carboeiro é coñecido non só a nivel galego senón que tamén fóra de Galicia e incluso fóra de España. Penso que é algo xusto porque nos tempos que corren este tipo de sitios son moi apetecibles para calquera turista.

–Tamén influen feitos como a rodaxe da Televisión de Galicia que arrancou esta semana no lugar.

–Claro. Pero antes da televisión por aquí estivo Charlton Heston facendo un documental que tivo moita sona. A serie da TVG tamén pode facer moito pola difusión do mosteiro por toda Galicia. Outras das actividades que potencian o lugar son as audicións de música clásica moi aproveitables e que cada vez contan con máis xente. Outra iniciativa que vería ben é planificar visitas guiadas para nenos e escolares en xeral porque a xente nova debería coñecer o porqué dun convento neste lugar e na época histórica na que se levantou tan fermoso edificio.

–Que lle parece o premio concedido polo Centro Galego de Santander?

–É todo un orgullo porque non o agardaba para nada. Fíxome moita ilusión, pero foi unha mención honorífica dentro dun premio de relato curto que repartiu máis galardóns importantes có meu entre persoeiros da literatura galega.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya