Acaba de ser escollida como pianista principal polo Jove Ensemble de Música Contemporània de les Illes Balears. A filla do político lalinense Cristóbal Fernández leva cinco anos vivindo en Barcelona e pensa en adicarse á música de xeito profesional.

-Que significa conseguir un posto como o da formación balear de música contemporánea?

-Non me esperaba que me escolleran en Palma de Mallorca. Fun por presentarme, eramos nove na de pianista e tiven a sorte de ser escollida. Seguirei adicándome ao ensino, pero isto é outra saída profesional na que podo aprender moito.

-Non debe ser doado vivir da música en tempos de crise...

-Xa tocar en sitios de Barcelona é moi complicado se non tes enchufe (risas). Por iso traballo en escolas de música para poder vivir nunha cidade tan cara coma esta.

-O panorama musical da cidade condal supoño que non tén nada que ver con Lalín ou Vigo...

-Barcelona é outro mundo para alguén que se adique á música. Vin aquí porque en Vigo non había praza e foi o mellor que me puido pasar. De momento, non penso en regresar a Lalín, porque sería volver atrás.

-Si, porque agora terá que viaxar moito coa súa nova agrupación musical, ou non?

-Hai previstos concertos en Holanda e Bélxica que aínda non están pechados. De momento, as que están confirmadas son varias actuacións por Mallorca. Tocaremos música contemporánea, que é un campo novo para min porque teño unha formación clásica.

-Cómo vai facer coas viaxes ao arquipélago?

-Págannos todo, vóos e estancias. Xa teño ganas de poder tocar con eles porque o primordial dun posto como o meu é tentar aprender de todos os músicos cos que vou traballar.