Javier González Barreiros - Integrante da Joven Orquesta Nacional de España

"Hai xente que segue a pensar que a música non ten futuro, pero esto cambiou"

"Antes de aprender a ler, pintábanme as notas musicais para recoñecelas"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Javier González Barreiros é un novo músico agolense.
Javier González Barreiros é un novo músico agolense.  

SEHILA RODRÍGUEZ - AGOLADA A comarca dezá conta cunha grande tradición musical que cada vez atrae a máis mozos. A presenza de numerosas bandas artísticas xermina intérpretes que, amantes da música, centran a súa vida nesta profesión. Javier González é un dos mozos galegos que despuntan neste ámbito compaxinando, aos seus 22 anos, os estudos no conservatorio coa súa participación na Xove Orquestra Sinfónica de Galicia, a Escola de Altos Estudos Musicais e, no ámbito nacional, a súa recente incorporación á Joven Orquesta Nacional de España.

-Como nace a súa vocación pola música?

-Desde pequeno gustábame este mundo. Empecei ca trompeta, pero por diversos problemas non puiden tocala, así que mudei á trompa que, hai 15 anos, era bastante novidosa. Inicieime na banda por hobby, ninguén da miña familia se dedicara antes a esta profesión. Ademais, servíame para viaxar fóra da casa e, aos poucos, continuei ata agora.

-Canto tempo leva tocando?


-Empecei de pequeno, cuns 7 anos. Case non sabía ler, polo que para interpretar as melodías, o antigo director da Escola de Música de Agolada, José Manuel Collazo, pintábame as notas para que as recoñecera.

-Como chegou a incorporarse a Joven Orquesta Nacional de España (Jonde)?

-Presenteime a probar sorte. Como en Galicia xa estou ligado á Xove Orquestra Sinfónica de Galicia e a Escola de Altos Estudios Musicais que pertence a Real Filharmonía de Galicia, decidinme a probar sorte a nivel nacional, tratábase de dar un paso máis alá na miña formación.

-Como son as probas para acceder a formar parte desta formación?

-O certo é que son moitos os candidatos que se presentan. A primeira proba consistiu nun concertó de Mozart para trompa. Na segunda fase realizábanse uns 9 ou 10 xogos orquestais, trátase de interpretar as partes nas que o instrumento ten maior protagonismo dentro dunha determinada obra dos grandes compositores. A última das probas consiste na "lectura a primeira vista", na que se toca unha determinada obra sen un ensaio previo.

-Considera que resulta difícil formarse na música dentro de Galicia?


-Hoxe en día menos. Supoño que cada un vai buscando a saída que máis lle interesa. Nun conservatorio a formación enfócase máis desde un ámbito educativo ou para convertirse en funcionario, aínda que agora menos. Sen embargo, cando acodes a un determinado concertista que che imparte clases, quizáis se ligue máis co ámbito da orquestra. Pero o certo é que en Galicia contamos cun bo nivel de profesionais da música.

-En moitas ocasións, vincúlase o mundo da banda a un público de maior idade, cre que a xente nova non se interesa o suficiente?

-Na zona do Deza existe moita tradición e quizáis o público xuvenil que acode aos concertos está involucrado dalgún xeito cos músicos, sendo amigos ou familiares. Agora está cambiando un pouco a situación, pero sigue predominando público de maior idade.

-Cal foi o concerto que recorda con maior emoción?

-Supoño que as primeiras actuacións ca Real Filharmonía de Galicia son moi importantes, pero se teño que escoller… tira máis a terra dun, e a primeira participación ca Banda de Agolada no Certame de Bandas de Pontevedra marcoume especialmente. Notábase o apoio da xente do pobo e vivímolo intensamente, éramos unha formación con menos historia e tradición que outras das participantes. Sen embargo, sentímonos moi arroupados.

-En moitas ocasións pénsase que a profesión de músico é complicada para poder vivir dela, cal é a súa opinión?


-A día de hoxe pódese vivir da música moi ben, existen oposicións ou orquestras sinfónicas. Aínda que hai xente que segue a pensar que esta profesión non ten futuro, as cousas cambiaron moito, especialmente desde hai uns dez anos ata hoxe.

-Cales son os seus proxectos futuros?

-Agora centrareime en rematar o cuarto curso con boa nota e despois tocará facer probas para acadar un traballo nalgunha orquestra.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009