Xosé Lois Ripalda González - Mestre e escritor que visitará hoxe a xornada de exaltación do pan

"O importante é que o pan de Galicia sexa bo, e non primar só o dunha zona"

"É preciso lembrar labouras como a seitura ou a malla, que incidían na unión do pobo"

 01:18  
O escritor Xosé Lois Ripalda
O escritor Xosé Lois Ripalda  Bernabé/Gutier

Naceu en Carballedo, Lugo, no 1940. Durante máis de 40 anos exerceu como mestre e compaxinou esta actividade coa súa faceta de escritor. Actualmente vive a cabalo entre Vigo e Monterroso, de onde é a súa muller. Comezou a súa andaina literaria con libros de narrativa aínda que tamén ten publicado literatura infantil e estudos sobre temas etnográficos e artigos en revistas.

LAURA MARTÍNEZ - SILLEDA O escritor Xosé Lois Ripalda visitará hoxe Silleda con motivo dos actos de exaltación do pan que se levarán esta tarde a cabo no municipio dezao. A asociación de veciños Olaia encárgase de organizar esta xornada, que contou ademais co apoio do gremio dos panadeiros silledenses. Os actos comenzarán ás 18.00 horas co xogo de parchís para nenos e maiores. A continuación Xose Lois Ripalda charlará sobre a importancia do pan na sociedade galega, posto que ten xa tratado esta temática nun libro chamado A cultura do pan. Ás 19.30 horas a Banda Xuvenil de Música de Silleda ofrecerá un concerto e a degustación de pan e outros productos pechará os actos.

–A súa intervención de hoxe versará sobre o pan. En que aspectos se vai centrar?

–Aos meus 69 anos, coñezo o proceso tradicional que se realizaba hai xa máis de cen para facer o pan. O tema central que tratarei en Silleda é a viaxe que facía o gran dende a leira ata que chegaba ao muíño para acabar finalmente no forno, posto que á miña aldea non entraban as maquinas.

–Por que ten importancia lembrar ese proceso agrícola?

–É preciso lembrar estas técnicas e facer fincapé de novo en valores presentes daquela, posto que é certo que se gañou en tempo, pero perdeuse por exemplo a unión entre as xentes. Os veciños axudaban nestas labouras, como tamén ocorría ademais de na seitura e na malla, na vendima ou na colleita do liño.

–Ten escrito vostede sobre a cultura do pan, e en Galicia hai moitos municipios que exportan o seu produto. Que posición ocupa o pan de Silleda?

–Creo que é preciso deixar atrás diferenzas como as que se fan ao falar do pan de Cea, Carballo, Carral, Porriño...o importante é que o pan de Galicia sexa bo e non primar un sobre outro. É triste que teñamos que ir a estes sitios para atopar o seu pan e que non sexa de calidade en toda Galicia.

–Agora que está retirado da docencia, ten outros proxectos literarios en mente?

–En breve sairá ao mercado o meu último libro Viaxe de Vigo aos Ancares, na que un grupo de alumnos van descubrindo a natureza e outras moitas cousas da vida. É un libro froito das vivenzas. Tamén teño en mente unha publicación sobre os faros de Galicia así como sobre a vendima, xa que ao facer un sobre o pan e ao ser eu da zona de montaña teño que facerlle caso ao refrán: con pan e viño ándase o camiño.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya