José Antonio Pena Fernández - Candidato á presidencia da Sociedade de Caza de Silleda

"Preséntome á reelección para rematar tres proxectos"

"A media veda que propón Maceira non se permite por lei. En Galicia só existe en Xinzo de Limia"

 
José Antonio Pena.
José Antonio Pena. Bernabé

José Antonio Pena naceu no casco urbano de Silleda hai 41 anos, na mesma casa do Bar Toxa, que el mesmo rexenta e do que tomou o nome con que se lle coñece. Adícase, ademais, á gandería.

SALOMÉ SOUTELO - SILLEDA Unha das bazas coas que conta José Antonio Pena Fernández, máis coñecido como Toño Toxa, para renovar o seu cargo como presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda é que xa hai 8 anos que ocupa este e estivo ademais outros 13 dentro da directiva.

–Despois de dous mandatos á fronte deste colectivo, que proxectos lle quedan pendentes?

–Pois varios, e de aí que me presente á reelección para poder rematalos. Entre eles, quero destacar tres iniciativas das que algunhas xa están moi avanzadas. Refírome ao campo de tiro olímpico de tres fosos, que será dos poucos que quedan en Galicia, pois o de Lalín e doutras zonas pecháronse por motivos de seguridade. Nós xa temos o permiso da Garda Civil, e dos case 130.000 euros que custa os socios non terán que aboar nada. É certo que algúns cazadores consideran que non é preciso, pero quero indicar que existen campionatos desta disciplina, coma o que se celebrou hai pouco en Santiago. Tamén desexo poñer en marcha un coto de reo, pois non hai ningún na provincia, e como formo parte do comité de pesca de Pontevedra eu contaría cun empuxe para esta idea. Por último, seguiremos fomentando a caza menor, que é a nosa práctica estrela. Teño que dicir que si puxemos en marcha desbroces, biotopos e repoboacións.

–O seu contrincante, Manuel Maceira, defende a caza maior e as medias vedas. Como ve estas propostas?

–Na caza maior non se pode facer nada, porque xa hai moita densidade e non podemos ir máis alá de solicitar batidas. En canto ás medias vedas, Maceira caza por Toledo e Zamora e intenta aplicar medidas que aquí son ilegais. Medio Ambiente non autoriza medias vedas na comunidade, ata o punto de que en Galicia só hai esta opción en Xinzo de Limia.

–Precisa a sociedade unha campaña de captación de socios?

–Non. A caza e a pesca son deportes que se transmiten de pais a fillos. O que si continuaremos é remitindo invitacións para cazar, a xeito de socios de honra, a políticos como Emilio Pérez Touriño ou Alberto Núñez Feijoo.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya