Manuel Maceira Mosquera - Candidato á presidencia da Sociedade de Caza de Silleda

"Perdéronse subvencións por non facer os trámites"

"Moitos temos que ir cazar fóra de Silleda porque aquí non se fai unha repoboación axeitada"

 
Manuel Maceira.
Manuel Maceira.  Bernabé/J. Lalín

Manuel Maceira é veciño da parroquia silledense de Rellas, aínda que reside no centro urbano. Dende hai 30 años é propietario da empresa Agromas, adicada á venda de maquinaria agrícola.

S.S. - SILLEDA Manuel Maceira é membro da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda practicamente dende os inicios desta, hai uns 30 anos. Pese a isto, nunca formou parte da directiva e asegura que se presenta por primeira vez á presidencia “porque quero traballar pola caza”.

–Que renovacións ofrece vostede fronte á candidatura, xa veterana, de Pena?

–Teño un programa que difire moito do del, pois vexo que a situación da sociedade está moi mal. Presento un plan con catro puntos, de entre os que destaco o fomento da caza maior e a caza autóctona galega. Pena acúsame de que non cazo en Silleda, e iso débese a que tanto eu coma outros membros temos que ir a cotos limítrofes ou a outras zonas de España porque non merece a pena practicar este deporte en Silleda, onde non se ve ningunha especie no monte que non sexa de granxa. Hai uns días, uns compañeiros saíron practicar cos cans e atraparon varios coellos, que procedían precisamente de cebadeiros. E isto afecta tanto á perda de especies animais como de socios, sen dúbida. Por iso, tamén quero rehabilitar os muiños para que sexan refuxio dos pescadores e sirvan ademais como unha escola de pesca para nenor e maiores.

–Quéixase, ademais, das dificultades para acceder ás contas da sociedade. Propón algún xiro neste ámbito?

–Eu non sei se hai problemas de diñeiro ou non para afrontar os proxecto, só apunto que está todo moi escuro e que nunca puiden acceder aos datos das contas bancarias. Por iso tamén insisto en que se poña en marcha un sistema mediante o que unha empresa ou persoal se encargue de tramitar as subvencións, pois baixo o mandato de Pena gastáronse 120.000 euros cunha xestoría de Valga para pedir subvencións, e o curioso é que incluso se perderon algunhas axudas por non facer os trámites precisos. Quero sinalar ademais certas trabas nas propostas que defende Pena, pois cada vez queda menos río para pescar, e el quere poñer en marcha cotos de reo, mentres que dubido dos beneficios do campo de tiro.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya