|
|
|
HEMEROTECA » |
|
LAURA MARTÍNEZ - LALÍN
Con motivo da celebración mañá do día mundial do alzhéimer, unha das enfermidades con maior repercusión nos nosos días, preténdese que esta doenza non pase desapercibida para a sociedade que vive habitualmente allea a ela. “Non olvides. Hai esperanza” é o lema da campaña de sensibilización deste ano. José Manuel Solla aborda esta enfermidade que afecta a parte dos seus residentes e que non deixa de ser un reflexo do que acontece en Galicia, onde hai máis de 5.000 afectados.
–Pode considerarse o Alzeimer como unha das doenzas que máis afectan á poboación?
–É a denominada enfermidade do século XXI. Estímase que a partir dos 85 ou 90 anos entre o 25% e o 30% das persoas padeceremos Alzheimer. É por iso que a enfermidade ten agora maior presenza que en tempos anteriores, debido que a esperanza de vida actual é maior.
–Cal é a incidencia désta entre os seus residentes?
–Na residencia hai un 30% de enfermos afectados de Alzheimer ou outras demencias similares. A maioría destes sitúanse á franxa de idade xa comentada, posto que o factor de risco máis importante desta enfermidade é a idade.
–Esta afección presenta unha evolución cíclica?
–Hai tres fases claramente diferenciadas nesta doenza. Ao principio o paciente pode facer unha vida normal, nela ten pequenos despistes e algúns problemas xa de linguaxe. Na segunda fase isto agrávase, e a persoa precisa supervisión, hai períodos de esquecemento máis prolongados, comeza a non coñecer á xente. É xa unha persoa dependente, ademáis hai cambios de carácter. Logo a terceira é a máis grave, nela pérdense as capacidades motoras e comeza a consumirse, como unha vela ata que finalmente se apaga.
–Coñécense as causas que orixinan o Alzheimer?
–Agora mesmo non hai indicadores claros polo que tamén é difícil establecer unhas pautas preventivas. Hai diversos detonantes como causas de tipo hereditario, pero que son insignificantes con respecto ó número de afectados.
–Hai certos hábitos de vida que eviten a aparición da enfermidade ou consigan retrasala?
–O exercicio físico impide que a progresión sexa tan rápida e tamén está relacionado coa aparición máis tardía désta, aínda que isto non garantiza que non se manifeste. Tamén a lectura favorece ese retraso.
–Que signos de alarma poden ser indicativos para que unha persoa descubra que padece Alzheimer?
–É moi difícil diagnosticar a enfermidad pero sí ahi síntomas. Os primerios son pérdidas de memoria, que son moi leveves ao comezo e tamén hai pequenos períodos de desorientación. O alzheimer é unha enfermidad cun proceso moi longo, que pode durar uns dez anos.
–Nesta enfermidade, os propios coidadores e familiares son afectados case directos?
–A partir da segunda fase xenérase moita carga para a familia. Os coidadores reciben unha presión extrema ao ter que coidar unha persoa que saben ten un final seguro. O que fai terrible esta enfermidade é que é progresiva e irreverrsible.Os propios familiares teñenme comentado, como foi o caso dunha señora, que aseguraba que “o peor foi a primeira vez que o meu marido non me coñeceu, nese momento caeume o mundo enriba”
–Plantéxase que dado que o paciente perderá os seus recordos sexa mellor non comunicarlle que padece esta doenza?
É un debate que está enriba da mesa, e que a bioética está a debatir ao igual que as asociacións de enfermos.
–Hai agora mesmo algún tratamento para curar o Alzheimer?
–Hoxe por hoxe hai varias liñas de investigación abertas, porén por agora non existe cura para esta enfermidade. Así o que se pretende en todo momento é frear ou relentizar o avance desta. É unha loita progresiva, para evitar alargar as súas fases.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||