Unha noite no muíño...

Muiñeiros e veciños lembraron as moendas e coceron de novo o pan en Codeseda

 01:48  
Rosa, Brais, Belisario, Antonio, Armando, Ildefonso e José onte, durante a homenaxe
Rosa, Brais, Belisario, Antonio, Armando, Ildefonso e José onte, durante a homenaxe Bernabé /Javier Lalín

A moenda do trigo e a fornada de pan que se coceu ao modo tradicional onte en Codeseda puxeron o broche final á décima Malla tradicional. Os organizadores aproveitaron a ocasión para homenaxear a sete muiñeiros da zona de Lalín, entre os que se atopaba unha muiñeira de Zobra, Rosa Crespo. As vivenzas e contos que nos muíños acontecían, polo día ou pola noite, chegaron tamén ao maxín dos asistentes coas verbas do contacontos Celsiño.

LAURA MARTÍNEZ - LALÍN Lalín, terra de muíños, con máis de 200 destas contrucións contabilizadas no concello e con case 50 deles que a día de hoxe poden botar a andar, quixo homenaxear onte a sete destes muiñeiros que coñeceron ben os segredos dos muíños de auga. A chegada dun veciño a cabalo da súa besta e acompañado dun burro cargado cun saco de trigo para moer, tal e como se facía antano, marcou o comezo da xornada de celebración. Os muíños próximos ao museo da Casa do Patrón de Doade, sitos na aldea de Muíños, en Vilanova, foron os encargados de acoller este acto que serviu, ademais, como peche das xornadas que arredor da recollida do trigo se celebraron nas fins de semana anteriores en Doade.

Era tempo de moer o trigo despois de telo segado e mallado, pero antes de pór en funcionamento o muíño, foi a quenda de recordar o que supuxo a figura "daquela xente que lle daba a vida ao muiño" nas aldeas da man do presidente da Asociación Galega Amigos dos Muíños, Xavier Lores. O contacontos Celso Fernández Sanmartín trouxo tamén parte daquelas historias que se escoitaban arredor do muíño ou do medo ao voltar de moer. Posteriormente, agasallouse aos sete muiñeiros da zona que ata alí se achegaron ou aos seus representantes, como foi o caso do benxamín Brais, que sustituía ao seu avó, Jesús Taboada Jubín, o máis veterano, de 96 anos e veciño de Soutolongo. Do mesmo lugar son dous dos outros honrados, Belisario Fariñas Iglesias, de 68 anos, e José González Vázquez, de 80, e a quen todo o mundo coñece como Mario, por un erro do cura que o bautizou, como él mesmo aclaraba, e que deu de novo pé a outro conto de Celsiño. Ildefonso Jácome Gómez, de Vilanova, de 82 anos, era outro dos muiñeiros veteranos alí congregados, como Armando Penalta González, de 72 anos e veciño de Prado, ou Antonio Costa Lamas, de 41 anos, do mesmo lugar. De entre todos eles, unha muller, Rosa Crespo Dobarro, de 85, que durante moitos anos moeu nos muíños de Zobra, onde vive. Ela foi tamén a encargada de botar a andar o muíño da Ponte, que se puxo onte en funcionamento e que, como ela comentaba, "é un pouco diferente do que eu atendía, pois alí a fariña caía xa para un caixón, e non para o chan, como ocorre neste".

A nota de cor púxoa o autobús vermello dos anos 60 que o veciño de Silleda Manuel Cuíña acercou ata o lugar, e que nesta ocasión non levou aos veciños á feira, coma noutros tempos, senón ata o museo, xa en Codeseda. Alí, o forno aceso agardaba para cocer o pan, que os asistentes podían degustar despois. E é que, como ben explicaba Mario, "este pan sabe doutra maneira, non é coma o de antes pero o sabor achégase bastante". Deste xeito, despídese ata o ano que vén a malla tradicional de Doade, que leva xa unha década de andaina e que se baralla trasladar a outras localidades.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya