REDACCIÓN - SILLEDA
O Concello de Silleda e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) impulsan a campaña "Este verán salva vidas, comparte saúde, doa sangue". Unha iniciativa que acadou onte máis de medio cento de doazóns en Silleda. A campaña estival estará presente hoxe na Bandeira, coincidindo coa feira, e situarase xunto ao centro de saúde, soamente pola mañá entre as 10.30 horas e as 14.30 horas.
O pasado ano o municipio contabilizou un total de 537 doses, unha cifra que permite superar o índice de doazóns recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).