Anxo García - Titiriteiro de Viravolta e un dos fundadores do festival Titirideza

"Os títeres non deberían faltar en ningunha das programacións culturais"

Algunhas das mellores compañías galegas presentan as súas novas funcións dende mañá

 
Anxo García nunha das representacións de Viravolta.
Anxo García nunha das representacións de Viravolta.  Bernabé

Nado hai 53 anos en Lalín, comezou a súa traxectoria no mundo dos títeres coas compañías Viravolta e Seisdedos. Foi un dos fundadores do festival Titirideza que este fin de semana acolle a capital dezana na súa oitava edición.

SEHILA RODRÍGUEZ - LALÍN Lalín convértese, desde mañá, na capital do títere coa celebración da oitava edición do festival Titirideza. Con tal motivo, un dos membros fundadores do certame, Anxo García, comenta como está a vivir os instantes previos a esta cita anual na que participan as mellores compañías galegas de títeres coas súas últimas representacións.

–Como naceu a iniciativa do festival Titirideza?

–Despois de inaugurar o Museo Galego da Marioneta solicitóuselle ao concello, porque considerábamos que era precisa esta iniciativa. A súa aprobación deu lugar a dous programas, o Titirientroido e Titirideza.

–Cal é o obxectivo deste certame de títeres?

–Pretendemos dar a coñecer a marioneta ao público que se achega ata as funcións. Cada programación conta cuns criterios específicos. Neste caso, trátase da presentación das últimas novidades de algunhas das mellores compañías galegas.

–Como comezou a interesarse polo mundo das marionetas?

–Sempre me dediquei ao espectáculo e por casualidade coñecín os monicreques. Decanteime por esta disciplina porque os títeres satisfacían as miñas necesidades plásticas.

–Considera que este festival ten a acollida que se merece polo público lalinense?

–Sí, pouco a pouco móstranse máis receptivos e mostran maior entusiasmo polas funcións das marionetas.

–Como vive os instantes previos a que comece o certame?

–Faltan algúns detalles de última hora, pero o certo é que co tempo que levamos, pouco a pouco, temos menos preocupacións, aínda que nunca estamos seguros ata que dá comezo.

–As compañías que participan señalan a relevancia do municipio lalinense no panorama dos títeres, tanto por albergar o Museo Galego da Marioneta como a compañía Viravolta, como se sinte ante esta ovación?

–Moi agradecido a eles. A xente que nos dedicamos a esta profesión coñecémonos desde hai moito tempo. Todos traballamos con moito esforzo para que sexa ben coñecida e valorada. As compañías que veñen incluso asumen descontos nos seus cachés para participar no certame desta fin de semana.

–No verán increméntanse as representacións, como se logra cadrar fechas para que estas compañías poidan participar?

–Xa estamos ao final do verán e comeza a baixar a demanda. Sen embargo, todos coñecémonos e chamámonos para lograr compatibilizar sen problema.

–Viravolta leva case 30 anos facendo representacións, como foi a evolución do público durante este tempo?

–Houbo moito cambio. En Galicia os títeres desapareceron e ata o 1972 non voltaron a aparecer. Daquela era un mundo descoñecido, moitos dos pais que asisten ás funcións non viviron as marionetas na súa infancia. En canto ás representacións, melloraron en calidade. Antes actuábase na rúa e agora, aínda que algúnhas funcións se seguen a facer así, outras requiren maior complicación técnica. Nas festas patronais éramos os últimos monos e agora xa se nos comeza a valorar. Pasamos de no ter ningún recoñecemento a que a xente sexa capaz de respectar o noso traballo.

–Se tivese que definir o mundo dos títeres en poucas palabras, como o identificaría?

–Creo que non debería faltar en ningunha programación cultural polo espectáculo e ledicia que proporciona.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya