|
|
|
HEMEROTECA » |
|
LAURA MARTÍNEZ - VILA DE CRUCES O tenor lírico Cesáreo Torres Calviño, natural de Carbia, Vila de Cruces, actuará da man da Compañía Lírica de Galicia e a súa orquestra sinfónica o vindeiro mércores 26 de agosto na Praza de María Pita, na Coruña, dentro dos festexos na cidade. Cesareo, que comezou no mundo da música clásica arredor dos anos 90, é un dos poucos tenores do panorama galego.
–Este é o seu segundo concerto coa Compañía lírica de Galicia, tralo ofrecido en Padrón. Que supón para vostede?
–Coido que ha de ser unha actuación moi amena e divertida para o público. Interpretaremos pezas de zarzuela. A actuación conta con pezas cómicas como Caballero de alto plumero entre outras. Contamos ademais do acompañamento da orquestra sinfónica da propia compañía con cinco bailaríns.
–Como reacciona a xente que se achega a un concerto clásico coma este por vez primeira e sen unha formación musical específica neste eido?
–Aínda que non teña unha formación específica, o público emociónase igualmente con este tipo de concertos. Hai quen vai por escoitar a alguén que coñece, como algúns dos meus veciños, e é moi fermoso descubrir que conseguiches emocionalos. E é que no mundo clásico non podes engañar a ninguén, eres ti e a voz no escenario.
–Onde reside o segredo para conseguir esa conexión co público da que fala?
Para min está en vivir o que estás a cantar. Precisas ademais sentirte ben, ser feliz, para transmitir iso. Polo que é necesario deixar ás portas do escenario os problemas, senón estes chegan ao público. Ademais sempre hai detrás moitas horas de sacrificio e preparación, ainda que despois a voz non sempre sae coma nos ensaios, por iso os cantantes nos sentimos sempre un pouco inseguros antes de actuar.
–Ademais desta actuación está inmerso nalgún outro proxecto actualmente?
–Agora mesmo estou centrado nas actuacións que prepara a compañía de cara o inverno, con citas xa fixadas en distintos teatros galegos. Por outra banda estou intentando mellorar a miña calidade vogal, da man dos consellos do gran tenor peruano Ernesto Palacio.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||