José Luis Rodríguez Barreiro - Presidente da Asociación Feiral Semana Verde de Galicia
Á. G. - SILLEDA
O luns convirtiuse no sucesor de José Maril ao frente da Asociación Ferial Semana Verde de Galica despois de vencer a Rosendo Estévez nas eleccións por 98 votos de diferencia. Entre 1993 e 2001 ocupou o cargo de vicepresidente segundo e presidiu o comité de innovación tecnolóxica en varios certames, e tamén ocupa a secretaría técnica da Asociación de Criadores de Aves (ACA), entre outras responsabilidades. O silledense José Luis Rodríguez Barreiro sabe que ten traballo arreo no novo cargo feiral.
–Agardaba gañar as eleccións con tanta folgura?
–Cando te presentas, falocoa intención de gañar pero é certo que foi máis grande do previsto. Levei moitos anos alí, e a xente coñéceme, por iso penso que ao mellor todo iso poido influir no resultado da votación que, aínda que foi áxil, prolongouse un poco na noite.
–De feito convenceu á maioría dos electores.
–Expliqueilles o noso programa e, ademais, anunciei un equipo composto por xente moi competente.
–Quen son?
–Son Olga Salgueiro, ex xerente da asociación; Suso Taboada, comerciante e gandeiro de Cortegada; Lito Andión, xerente da Cooperativa Hoxe; Manolo de la Torre, abogado coruñés vencellado a Silleda; e Ana López Cabaleiro, veterinaria silledense. Faltan catro máis que, cando estean confirmados, farei público os seus nomes.
–No seu programa falaba de impulsar o medio rural fomentando o asociacionismo. Como o pensa facer?
–Trátase de manter vivo o espirito e fundamento da asociación. Agora os certames son cousa da fundación, por iso hai que colaborar con ela. Ademais, habería que aproveitar o fluxo de xente nas nosas instalacións para darlle a conocer toda a comarca. Para o meu equipo é prioritario restablecer as relacións coa Fundación. Agora os certames son cousa dela, por iso temos que colaborar dun xeito diferente.
–Sen embargo, as contas da directiva saínte falan de maís de 9.000 euros de beneficio no presente exercicio, casi 3.000 socios e un patrimonio de 320.000 euros.
–A asociación non está boiante. Coas instalacións que temos, sen outras actividades non poderemos sobrevivir. Por iso, no noso programa falamos de dinamizar o sector aproveitando os beneficios derivados da xestión de actividades no recinto feiral, pero sempre colaborando coa xestión da Fundación Semana Verde.
–Vai ser complicado suceder a un home como Maril?
–Hai que recoñecer que Maril fixo un bo traballo pola asociación, pero eu persoalmente discrepo de moitas das súas iniciativas. Espero non repetir os erros da súa presidencia porque agora toca pensarmos no futuro.
–Ten pensando contar co seu rival nas eleccións, Rosendo Estévez, na tarefa dirixir ao colectivo ferial silledense?
–O normal é que conte con toda a xente. O que pasa e que como se trata dunha candidatura presidencialista, xa estou comprometido con seis persoas e eles terán que decidir. A verdade e que nin sequera o comentamos porque agora temos outras prioridades.
–Podería entrar Estévez na nova directiva?
–Non podo contestar a iso. Como xa dixen antes, queremos empezar xa a traballar porque urxe facer moitas cousas. En 15 días deberiamos ter a directiva pechada con as catro persoas que comentei. Por iso tampouco sei si lle ofreceremos un posto na directiva a Estévez.