EN DIRECTO
Xosé Vázquez Pintor - Escritor, poeta e mestre

"A infancia sempre deixa as pegadas que máis perduran"

"Agardo que saia para o outono a peza narrativa Máis Vidas"

 01:25  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O escritor melidense Xosé Vázquez Pintor. // Bernabé/Javier Lalín
O escritor melidense Xosé Vázquez Pintor. // Bernabé/Javier Lalín 

LAURA MARTÍNEZ - AGOLADA O escritor melidense con raíces na Agolada, Xosé Vázquez Pintor, presentou na feira do libro en Melide, celebrada o pasado día 1 e 2 de agosto, o seu último libro, “A terra do medio”. É unha creación narrativa ubicada en terras de Palas de Rei, Arzúa, Monterroso, e tamén comarca do Deza entre outras.

–Vén de mostrar recentemente “A terra do Medio”, como foi este acto de presentación?


–Foi moi fermoso e emotivo. Estreábase no antigo Campo de San Roque, espazo de xogos na miña primeira infancia. A presentación pechou esta segunda edición e alí estaban a familia, as amigas e os amigos e sempre esa algarabía da intemperie en tempos de lecer e de ledicia. Yanelis Velazco Fajardo, Carlos Parrado ou Xosé Domingos Fuciños, entre outros que me deron acougo e confianza nese momento.

–Como xurdiu a idea de centrar a obra neste emplazamento? Trátase dunha homenaxe en recordo das vivenzas nesta terra?


–Certamente, posto que a infancia sempre deixa as mellores pegadas, as que máis perduran. Os lugares das primeiras voces, os primeiros xogos, o aire que respiras, esa maxia da paisaxe que nunca deserta da memoria. Velaí as tantas débedas que dá a vida e que sempre é necesario en cadaquén sentilas e pagalas con afecto, orgullo e compromiso.

–No referido á zona de Lalín e Agolada, centrouse en enclaves emblemáticos e moi coñecidos non só polos habitantes destas áreas. Que criterios seguiu na súa escolla?


–Os lugares emblemáticos veñen da memoria máis antiga, son o niño da alma, o caravel e as abellas de cadaquén. A eles imos sempre que nos chaman dende dentro. É unha forza telúrica, un arrase de emoción. É o teu espazo, o teu sitio; e por extensión pintas, escribes, cantas, falas, defendes en calquera lugar do mundo.

–Cal é o segredo para ese dominio da lingua galega que amosa nas súas obras?


–Coido que está na aprendizaxe dende a oralidade. Escoitar é saber. A fala, tanto ou máis cá lingua, enche as nosas tullas de trigo, é nutrición. Temos unha lingua fermosísima en tódolos xeitos da pronuncia; as variantes dialectais do galego son riqueza patrimonial, nunca vergoña.

–Ten xa vostede abordado temas complicados e de gran interese social. Que prioriza á hora de selecionalos?

–Non hai escolla, os temas fortes están na vida; eu teño a ousadía de recollelos; faino quen nada espera senón é a ledicia de sabelos contigo, en permanencia.

–Despois de adicarse xa á poesía, á narrativa e ao teatro... Que proxectos futuros lle agardan agora?


–Estou compilando cousas que atopo nas artesas do papel antigo, escrita feita a man ou na vella Underwood que me mercara o meu pai de quinta man, na Coruña. Hai versos, prosas, cousas que fan rir ao cabo dos anos. Tamén para o outono agardo que poida ver a luz a peza de narrativa “Máis vidas”.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009